HomePolíticaPor Chantada denuncia outro catastrazo con "4.600 novos sablazos"

Por Chantada denuncia outro catastrazo con “4.600 novos sablazos”

Por Chantada reitera o xa denunciado tamén no anterior Catastrazo, o inxusto que é para moitos pensionistas seguir tributando (IBI) por cortes e naves que xa non empregan e que, ao non teren valor de mercado no rural non poden tampouco vender nen arrendar.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde Por Chantada sinalan nun comunicado que “unha empresa subcontratada está, teoricamente, mapeando as zonas brancas do Concello de Chantada para inventariar bens catastrais que, ata agora, non constaban. Porén, están procedendo a alterar as superficies e os valores tamén de bens que xa estaban tributando e, na maior parte dos casos, con incrementos dos valores substanciais que, practicamente, duplican os ata agora vixentes. Isto vai supor que a cidadanía do rural verá incrementados os recibos anuais que pagan polo IBI, a chamada popularmente como contribución.”

Segundo Por Chantada é preciso que o Catastro evite a catalogación de bens inmobles rústicos do rural (granxas, galpóns, naves) como bens urbanos e “dispare valores catastrais”. Lembran que o anterior Catastrazo elevou en máis de 600.000€ a recadación anual do IBI urbano, “Agora vólvese a un proceso análogo no cadro da crise da COVID-19 e nun medio rural castigadísimo”. Insisten desde Por Chantada que a revalorización catastral afecta ao IBI que se paga cada ano, se se eleva, e as persoas afectadas teñen 15 días para reclamar.

Por Chantada e Interior Galego Vivo demandan unha fiscalidade propia para o campo e “que non expulse a poboación ou sanee as contas municipais a conta de sangrar a viciñanza que aínda resiste nas aldeas”. Demandan que o Concello de Chantada poña medios de asesoramento legal específico para que a viciñanza poda facer fronte, “nos exiguos 15 días de prazo que se lle conceden, ao alude de 4.600 cartas que chegaron só no termo municipal de Chantada.”

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao quéixase do servizo de autobús con Monforte

Segundo a Asociación, os horarios de paso polas paradas intermedias que figuran na web...

II Ciclocrós Concello de Taboada, este 26 de outubro

Taboada acolle este domingo -26 de outubro- o II Ciclocrós Concello de Taboada, a...

Ruta Cabalar e Festa da Xuventude en Friolfe, no Páramo, este 25 de outubro

As citas están organizadas pola asociación veciñal San Xoán de Friolfe e o colectivo...

Mesa de traballo en Monforte para axustar a acción municipal á ‘Axenda 2030’

Reunión do Equipo de Goberno do Concello de Monforte para a confección da Axenda...