HomePolíticaO PP de Láncara denuncia tratos de favor nas licenzas municipais

O PP de Láncara denuncia tratos de favor nas licenzas municipais

Dende o PP consideran que Darío Piñeiro “ten a obriga moral e política de dimitir”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Grupo Municipal do Popular de Láncara pregúntalle ao alcalde “por que mira para outro lado cando se están a facer obras sen licenza municipal”. Os populares censuran así o proceder do socialista, pois “durante máis dun ano a súa compañeira de goberno, e que era a súa man dereita nos últimos tempos, fixo traballos na súa vivenda sen os permisos necesarios e el era e é coñecedor desta situación”. “Non son obras menores, como pode ser facer un alpendre para a leña ou mesmo un galiñeiro, son obras que, segundo o publicado nos medios de comunicación, ascendían a 300.000 euros”, afirman.

Os populares maniféstanse moi críticos con Piñeiro e pregúntanlle: “por que ese trato de favor? Por que hai veciños de primeira e de segunda en Láncara? e por que non dixo nada?” xa que, con tal actuación o socialista podería estar incorrendo “nun presunto delito de prevaricación”. Insisten en que Darío Piñeiro “tiña que estar sabedor de todo”.

“Mentras dende o PP pedimos ata en dúas ocasións que se rebaixase o IBI e se bonificase ás explotacións gandeiras, acadando o voto en contra do PSOE, temos un alcalde que permite estas supostas irregularidades. Esta é a xestión de Darío Piñeiro”, denuncian.

Antecedentes e “obriga moral e política de dimitir”

Segundo os populares non é a primeira vez que Darío Piñeiro permite que se executen obras sen licenza municipal. Hai anos aconteceu en Trasliste, onde consentiu facer unha vivienda en solo rústico e, en 2018, sendo o promotor o Concello, executáronse actuacións coas máquinas da Deputación por detrás dunha vivienda doutro edil socialista tamén sen permiso. Con respecto a este último caso, os populares expoñen que así foi recoñecido polo propio Darío e que está recollido na acta do correspondente pleno. Por todo elo, dende o PP consideran que o socialista “ten a obriga moral e política de dimitir”.

Os populares tamén lle piden a Piñeiro que deixe de “intimidar” aos concelleiros do PP con mensaxes de Watsapp e con chamadas telefónicas sobre este asunto. Afean así ao rexedor que, nos últimos días, se estea a dirixir por estes medios aos edís do seu grupo “co que semellan ser ameazas e comentarios impropios”. “Entendemos que estea nervioso, pero o que non podemos permitir é que intente presionarnos ou coaccionarnos”, afirman.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...