Homesociedade14.000 m2 a disposición das empresas que queiran instalarse no Polígono de...

14.000 m2 a disposición das empresas que queiran instalarse no Polígono de Monforte

O concello quere mellorar a oferta de chan industrial con 9 parcelas que revertirán no concello máis dúas de carácter municipal coas que xa contaba a administración local no Polígono do Reboredo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Goberno do pasado luns, 7 de febreiro, acordaba a reversión ao concello das parcelas do Polígono industrial do Reboredo, que se venderan no ano 2007 e que non cumpriron cos pregos daquel concurso. Tal como establecen ditos pregos estas parcelas deben agora reverter no conccello.

A decisión levará consigo, unha vez lles sexa comunicada ás empresas implicadas a revocación dos seus contratos e remate o prazo de alegacións, que o Concello saque un novo concurso para poñer a estas parcelas a disposición das novas empresas que estean interesadas en adquirir chan industrial e instalarse no Polígono.

Tal como sinalou o Alcalde, “as 9 parcelas que poremos a disposición de todas estas empresas interesadas, suman un total de 11.749,56 metros cadrados, ós que hai que sumar outras 2 parcelas de titularidade municipal, unha de 1.076,95 m2 e outra 1.150,91 m2, o que suma en total 13.977,42 m2, o que creo que é unha superficie certamente importante que contribuirá a seguir aumentando o listado das empresas que conforman este polígono”.

ÚLTIMAS

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...