HomeCulturaEstrea da curta "A rosa incandescente" o 26 de febreiro en Chantada

Estrea da curta “A rosa incandescente” o 26 de febreiro en Chantada

A rosa incandescente foi concebido como un guión cinematográfico por Anxos García Fonte. Ao longo do ano 2021, malia todas as restricións da pandemia, logrouse levar a cabo reunindo un equipo de profesionais que se entusiasmou co proxecto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O próximo sábado, 26 de febreiro, ás 8 do serán presentarase no Auditorio Municipal de Chantada a curtametraxe “A rosa incandescente”. Tal e como explica a guionista, o filme achega unha Rosalía de Castro cercana e directa que nos conta ela mesma algúns dos aspectos fundamentais da súa obra: a paixón pola literatura oral, o compromiso co seu país, a sensibilidade cos marxinados da sociedade, a análise económica e social do seu tempo e, por suposto, as dificultades que tivo que enfrontar por ser muller e escritora. Rosalía é a mesma rosa incandescente de intelixencia, sensibilidade e paixón polo que fai.

A rodaxe da maior parte das imaxes do filme tivo lugar nos últimos días do mes de xullo no Pazo de Sabadelle e contorna. O traballo do director, David Vázquez en coordinación co director de fotografía Bruno Máez, crea unha atmósfera máxica que leva ao mundo de Rosalía de Castro, interpretada cunha intensidade incrible por Alba López. O coidado deseño de vestiario de Ana Gesto e a sobria escolla de atrezzo de Alicia Fernández no entorno do Pazo de Sabadelle fan o resto.

O acompañamento musical, que aseguran que non deixará indiferente, corre por conta de Tamara Lorenzo. Patrocina a curta o Concello de Chantada e colaboran a Fundación Rosalía de Castro e Pinancho Audiovisuais.

ÚLTIMAS

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...

“Mulleres con luz propia”, actividade destacada na celebración do 8M en Monforte

O Concello de Monforte vén de presentar as actividades para a celebración do 8M,...