HomeCulturaMirian Casas López, afincada en Bóveda, presenta Ikal 2-Se acabó la tregua

Mirian Casas López, afincada en Bóveda, presenta Ikal 2-Se acabó la tregua

Este venres, 25 de febreiro, ás 8 da tarde, realizarase en Librería Agrasar a presentación de "IKAL 2 - Se acabó la tregua", a continuación do libro escrito pola autora, Mirian Casas, que vive en Bóveda e traballa en Monforte. Trátase dunha novela romántica de temática xuvenil.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mirian Casas López vive en Bóveda e é enfermeira de profesión no Hospital de Monforte. Pero entre quenda e quenda saca tempo para escribir. Grazas a sacrificar horas de sono publicou o seu primeiro libro, “IKAL”, no ano 2020 que foi un éxito e tivo moi boas críticas entre os amantes da literatura romántica xuvenil. Fanática da lectura, os animais e do café, tamén saca tempo para escribir fantásticas reseñas dos libros que le.

A historia

Daniela tivo que tragarse o seu orgullo e refuxiarse na casa da súa avoa, onde é recibida polo seu novo avó político, un señor entrado en anos, en carnes e con tendencia ao nudismo. As cousas saíronse de nai en Ikal: Nacho e Enzo parecen incapaces de convivir sen chegar ás mans, Aarón leva anos ocultando aos demais as súas visitas a Kessel para coidar de Abril, a súa primeira noiva e agora psicópata de profesión, e Alicia vive tan intensamente a súa historia de amor con Diego que parece esquecerse dos demais, mesmo do seu mellor amigo de toda a vida, Miki.

Agora Dani debe decidir entre quedar en territorio neutral, onde o seu maior problema é tratar de durmir cos ruídos obscenos da habitación ao carón a altas horas da noite, ou volver a Ikal, onde acabou no medio de varios lumes cruzados.

ÚLTIMAS

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...