HomesociedadeO IES A Pinguela coñece a tirolina máis grande de Galicia e...

O IES A Pinguela coñece a tirolina máis grande de Galicia e o IES Daviña Rey festexa o entroido

O alumnado do IES A Pinguela fixo unha interesante excursión para coñecer a megatirolina da Pontenova e outros recursos patrimoniais como unha mina e a ruta dos fornos desta localidade. Aproveitando a proximidade achegáronse tamén ao Castro de Viladonga. Pola súa banda, o IES Daviña Rey festexou o entroido no seu centro.

Publicado o

- Advertisement -

O alumnado de 1º ESO A e B do IES A Pinguela vén de vivir unha intensa xornada visitando a Pontenova onde realizaron a ruta de sendeirismo dos Fornos, entraron ao nivel cero da Mina Consuelo e descenderon na espectacular tirolina que se acaba de inaugurar nese concello.

Dende este centro de ensino monfortino poden presumir de seren o primeiro centro en vivir a experiencia, tal como lles comunicou o alcalde daquel municipio, Darío Campos. Tal foi así que o propio rexedor “quixo recibirnos e realizar unha foto de recordo cos alumnos do noso instituto”, refire Enrique Sampil, director do IES A Pinguela.

Vista do percorrido que fai a tirolina. Foto: IES A Pinguela

Na visita á mina puideron coñecer como foi a extracción e tratamento do mineral de ferro ata 1965 e a continuación experimentaron “o subidón de adrenalina” na que hoxe é a supertirolina máis grande de Galicia: unha viaxe de 330 metros a máis de 80 de altura –atraviesando o río Turía– durante 40 intensísimos segundos.

A instalación recrea o trazado do antigo tranvía aéreo que levaba mineral desde a ladeira da Mina Consuelo á Mina Boulloso. De volta para Monforte aproveitaron para facer unha visita guiada polo Castro e Museo de Viladonga.

Visita ao Castro de Viladonga. Foto: IES A Pinguela
Visita ao Castro de Viladonga. Foto: IES A Pinguela

FESTIVAL DE ENTROIDO IES DAVIÑA REY

O IES Daviña Rey celebrou este pasado venres, 25 de febreiro, o seu tradicional festival de entroido. Aquí un par de fotos dalgún dos momentos vividos, cunha escenificación en grupo no escenario e unha actuación musical.

Representación entroideira en grupo. Fotos: IES Daviña Rey
Actuación musical. Foto: IES Daviña Rey

ÚLTIMAS

DOCE SONS: 12 concertos para 12 causas dinamizando a Comarca Quiroguesa

O 24 de xaneiro comeza un ciclo de 12 concertos anuais (DOCE Sons), un...

O Camiño de Inverno celebra 10 anos de oficialidade e presenta campaña promocional en Fitur

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, creada no 2018, para poñer en...

O PP de Monforte acusa a Tomé de “anuncios que non se concretan”

A voceira popular, Katy Varela, recorda que en decembro xa advertiran de atrasos e...

O programa Da Escola á Granxa optará ó Premio Aresa 2026

O programa cumpriu en 2025 catro edicións achegando a nenas e nenos de infantil...