HomeComarca de SarriaPiden dous anos de cárcere para un veciño de Láncara acusado de...

Piden dous anos de cárcere para un veciño de Láncara acusado de maltratar, matar e abandonar aos seus cans

Piden ademais multa duns 1.400 euros e un total de sete anos de inhabilitación para o exercicio de actividades relacionadas con animais.

Publicado o

- Advertisement -

Fiscalía reclama dous anos de cárcere para un veciño de Láncara acusado de maltratar, matar e abandonar aos cans que estaban ao seu cargo. O xuízo contra este individuo terá lugar o vindeiro xoves 3 de marzo nos xulgados do Penal de Lugo partir das 12,00 horas.

O acusado convivía nunha casa de Láncara cun gran número de cans. Entre 2017 e abril de 2019, segundo Fiscalía, o procesado maltratou aos cans, aos que propinaba golpes con varas de madeira e de metal e asperxíaos cunha mangueira de auga a presión.

Ademais, o Ministerio Público sostén que parou de alimentar de forma intencionada a unha das cadelas, que padeceu unha importante deterioración física por culpa do comportamento do seu dono.

Máis tarde, o acusado ausentouse da vivenda durante dúas semanas, período no que, tamén de forma intencionada, deixou de fornecer auga e comida aos oito cans que nese momento convivían con el.

Ao décimo día de ausencia, chamou a un veciño para pedirlle que se pasase pola vivenda a dar para comer e beber aos animais. Durante ese tempo, un dos cans morreu e foi devorado parcialmente polos demais cans, reflicte Fiscalía no seu escrito de acusación.

Por todo iso, reclama dous anos de cárcere (un polo delito de malos tratos continuados e outro polo de malos tratos con causa de morte), ademais dunha multa duns 1.400 euros e un total de sete anos de inhabilitación para o exercicio de actividades relacionadas con animais.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...