HomePolíticaO BNG de Monforte leva a Pleno melloras para o servizo de...

O BNG de Monforte leva a Pleno melloras para o servizo de bus urbano

Esas melloras no servizo consisten na ampliación de rutas e modificación dos horarios actuais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado mes de xaneiro o goberno municipal do Concello de Monforte daba conta dos datos de utilización do bus urbano, cifras que “non sendo malas, son manifestamente mellorables”, refire o BNG monfortino.

Os nacionalistas lembran que no debate no Pleno onde se aprobou a concesión do bus urbano, dende o BNG propuxeran daquela que as rutas deberían abranguer máis territorio. En relación a esta ampliación falaban das Vivendas do Val de Lemos, O Casar, Chacinera, Rúa Ourense, o Polígono Industrial ou mesmo o mercado gandeiro para os días de feira. A resposta do Alcalde, José Tomé Roca, foi daquela segundo manifestan do BNG de Monforte “iremos vendo”.

Agora, volve o tema á axenda do BNG local alegando que “son moitas as persoas nos manifestaron a necesidade de que o bus urbano dea servizo ás zonas referidas, xa que sendo un servizo público e gratuíto, debería ser para toda a veciñanza”. Así as cousas, o concelleiro Emilio Sánchez defenderá no Pleno do vindeiro 28 de febreiro unha moción para “solicitar a ampliación de rutas e a modificación de horarios, sen que isto incumpra o contrato”.

Emilio Sánchez, concelleiro BNG Monforte. Foto: BNG

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...