HomeTerra de LemosO SaviñaoO Círculo Saviñao celebra o 'luns de entroido'

O Círculo Saviñao celebra o ‘luns de entroido’

Haberá unha actuación do grupo "Movilla y los Irrepetibles" pero non se fará o tradicional 'baile de entroido' por mor da situación sanitaria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao celebra este ano o entroido coa actuación do grupo “Movilla y los Irrepetibles”, formado por Javier Movilla, natural de Castro Caldelas e amante da música mexicana; Andrés Montes e Toni Fernández, de Gin Tonis; e Iván Pérez Losada ao acordeón. O concerto será o luns 28 de febreiro ás 19:00 h. no local social da entidade.

O seu carácter afable reflíctese no seu espectáculo, no que rinde homenaxe aos  grandes autores e intérpretes do xénero, desde os clásicos como Jorge Negrete, Vicente Fernández ou Chavela Vargas, ata versións de coñecidísimos artistas nacionais como Joaquín Sabina, Revolver, Los Secretos, Loquillo, Miguel Ríos ou Antonio Flores.

“Un concerto divertido, peculiar e repleto de momentos para disfrutar…” segundo palabras de Enrique Sampil, presidente do Círculo Saviñao.

Por segundo ano, e dada a situación sanitaria, a xunta directiva decidiu non ofrecer o tradicional baile de disfraces. Entenden que aínda non é o momento deste tipo de concetracións e por moito tempo pero si consideran que procede o concerto e así “trasladar ao público de Escairón algo de ambiente festivo coas precaucións habituais de ventilación, distancia e mascarilla desta pandemia aínda presente”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...