Homesociedade"Chegada da Raíña Isabel de Inglaterra a Monforte", a comparsa do 'triplete'...

“Chegada da Raíña Isabel de Inglaterra a Monforte”, a comparsa do ‘triplete’ este martes de entroido en Monforte

O regreso do esperado desfile de Entroido de Monforte foi pasado por auga. Había tantas ganas de vivilo que, aínda que a choiva deslucira o momento, as comparsas fixeron o percorrido e chegaron á explanada da Compañía para recoller os premios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Martes de Entroido en Monforte de Lemos, día grande do carnaval na capital da Ribeira Sacra e un desfile moi esperado tras a suspensión do pasado 2021.

Non por esperado suscitou máis inscricións que anos anteriores, sendo con 16 comparsas e unhas 718 persoas apuntadas un dos anos máis baixos en participación. No 2019 e 2020 as inscricións superaron as mil persoas. A incerteza meses antes de se habería ou non desfile, a falta aínda de seguridade e confianza por mor do Covid e a escasa participación de comparsas de fóra de Monforte foron quizais os motivos principais desta baixa participación.

En calquera caso, os disfraces e as comparsas desfilaron por Monforte, e nin a choiva puido impedilo. Completouse o percorrido e fíxose a entrega de premios dende o palco da orquestra que había na Compañía, se ben, a festa quedou xa deslucida e a xente empezou a ‘desfilar’ para as súas casas ante a tarde de auga que non daba tregua.

A comparsa triunfadora deste martes de entroido foi a bautizada como “Chegada da Raíña Isabel de Inglaterra a Monforte”. Tres foron os premios que levaron os Xograres de Lemos, asociación protagonista da mesma: Premio á posta en escea, premio música en vivo e premio á comparsa de entre 51 e 90 compoñentes.

“Chegada da Raíña Isabel de Inglaterra a Monforte”. Foto: M.M.

VARIOS DOBRETES

“Non hai fronteiras no espazo”, de Cobas, levou o 1º premio de carrozas e outro 1º nas comparsas de 4 a 24 compoñentes; outro FOI para a carroza-comparsa “Warner Bros Presenta”, de Berta López Díaz, que levou o primeiro premio de comparsas de entre 25 e 50 compoñentes, e un áccesit no premio de carrozas; o de “El Iglú de Piñeira”, da Familia Pérez Varela-Piñeira, cun 3º premio na categoría de comparsas entre 4 e 24 compoñentes e un áccesit no premio ás carrozas; destacado tamén o acadado pola Asociación Prodeme, que levou o 3º na categoría de comparsas entre 51 e 90 compoñentes e o 2º por carrozas co seu “Hasta el infinito y más allá”; o de “Sonrisas de esperanza” do Colexio Ferroviairo cun 2º premio por comparsa de entre 51 e 90 compoñentes, e un 3º na categoría de carrozas; “As patacas da Gándara” –ANPA A Gándara– levaron un áccesit por carrozas e o 2º premio na categoría de comparsas de entre 25 e 50 compoñentes; e “Os meniños de Carude”, co ‘premio ao mellor humor’ e o 3º como comparsa de entre 25 e 50 compoñentes.

Comparsa “El Iglú de Piñeira”. Foto: Carlos Rueda.
Comparsa “Hasta el infinito y más allá” de Prodeme. Foto: M.M.
“Sonrisas de Esperanza”, do Colexio Ferroviario. Foto: Carlos Rueda.
“Os Playmóbil van ao Colexio Novo”. Foto: Carlos Rueda

O premio gordo, dotado de 1.100 € e para comparsas de máis de 90 compoñentes foi nesta ocasión para a ANPA A Lagoa do Colexio Novo. A súa creación gañadora foi “Os playmóbil van ao Colexio Novo”.

COMPARSAS DE FÓRA DE MONFORTE

No apartado de premios ás comparsas de fóra, na comparsa de 1 a 3 compoñentes, o premio foi para Sistín do Mato, en Sober, coa súa representación “Doctor Covid y su vacuna”; e na categoría de comparsa de 4 a 24 compoñentes, a titulada “As Rouxiqueiras” obtivo o premio que vai para Sanxenxo.

A relación completa de participantes e premios acadados está na web do concello.

ÚLTIMAS

‘Metamorfose’, o novo sinxelo do artista ‘Peitoescuro’ camiño do seu primeiro álbum de estudio

O proxecto de Rubén Gutiérrez, coñecido artisticamente como 'Peitoescuro', segue avanzando. O pasado 18...

Traballo colectivo da Asociación de Empresas Ribeira Sacra Next para a súa posta en funcionamento

Os encontros desenvólvense os venres pola tarde coa presenza dun máximo de 20 empresas,...

O BNG de Monforte leva a pleno un punto de información turística na Compañía

Explican os nacionalistas que o tramo da rúa Doutor Casares máis próximo ao centro...

Mario Obrero presenta o libro ‘Con e de curcuspín’ este 26 de maio na Pobra do Brollón

Con e de curcuspín é un ensaio no que a reflexión lingüístico-literaria mestúrase coa...