HomesociedadePantón celebrou un vistoso e concorrido desfile de entroido

Pantón celebrou un vistoso e concorrido desfile de entroido

Foi este pasado sábado 5 de marzo e nel poidéronse ver carrozas e comparsas moi divertidas, algunhas delas que xa pasaron por desfiles como os de Quiroga, Ribas de Sil e Monforte.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Pantón, como xa é habitual estes últimos anos, deixa o seu desfile para o sábado seguinte ao fin das datas propias do entroido que rematan co mércores de cinsa e o enterro da sardiña.

A estratexia é boa pois cada ano vai a máis. Algún dos presentes este sábado, chegados de Monforte, dicían que este desfile está moi ben e no caso deste ano “case non tiña nada que envexar ao de Monforte”. Bastantes comparsas e carrozas desfilaron por Ferreira ata rematar na Praza do Concello onde se esperou ao veredicto para coñecer os premiados e premiadas mentres amenizaba o ambiente a música dunha charanga e unha batukada.

Ambiente na Praza do Concello. Foto: Concello de Pantón.

OS PREMIOS

Comparsas de Adultos de 10 ou máis compoñentes

1º premio: A chegada da Raíña de Inglaterra.

2º premio: Volver a Volar.

3º premio: Non hai fronteira no espazo.

Volver a volar / XdL
Volver a volar. Foto: C. Rueda.
Non hai fronteira no Espazo / XdL

Comparsas de Adultos entre 5 e 9 compoñentes

1º premio: A festa de Boris Johnson.

2º premio: Superpiluqueiros.

3º premio: quedou deserto.

Comparsas de Adultos entre 1 e 4 compoñentes

1º premio: Carrusel.

2º premio: El Dr. Coronavirus y su vacuna.

3º premio: A Pitufina.

Dr. Coronavirus y su vacuna / XdL

Comparsas Infantís de 10 ou máis compoñentes

1º premio: Os panadeiros de Escairón botan fariña a mogollón.

2º premio: Os Playmóbil do Colexio Novo.

3º premio: As patacas da Gándara.

Os Panadeiros de Escairón. Foto: Carlos Rueda.
Os Playmóbil do Colexio Novo / XdL

Comparsas de Infantís entre 5 e 9 compoñentes (Deserto na totalidade)

Comparsas de Infantís entre 1 e 4 compoñentes

1º premio: ETÉ.

2º e 3º premio quedaron desertos.

Orixinal disfraz de cego dun veciño de Pantón / XdL
Un Polbo moi orixinal. Foto: Carlos Rueda.
Unha Diaña en Ferreira. Foto: Carlos Rueda.

ÚLTIMAS

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...