Homesociedade"O papel da muller nun mundo de homes", coloquio no centro cívico...

“O papel da muller nun mundo de homes”, coloquio no centro cívico de Monforte este día 7

"O papel da muller nun mundo de homes" é o título do coloquio que o BNG Lugo Sul programa para este luns, 7 de marzo, a partir das 20.30 no centro cívico de Monforte; dentro dos actos reivindicativos do 8 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con vistas a este 8 de marzo, Día internacional das Mulleres, desde o BNG aseguran que os problemas de igualdade seguen presentes ao manterse as desigualdades do patriarcado. “Aínda que ao longo destes anos de mobilizacións feministas déronse pasos e as institucións víronse obrigadas a asumir compromisos froito da presión social, a lista de incumprimentos coas mulleres e o feminismo é inaceptábel: a fenda salarial da Galiza é de máis de 4.000 euros, as mulleres continúan a asumir os traballos máis precarizados, as traballadoras domésticas agardan a ratificación do convenio 189 da OIT, as leis de igualdade están obsoletas e a xustiza segue sen despatriarcalizarse,” sinalan.

Consideran que unhas das fendas máis evidentes na desigualdade atópase no mundo do deporte profesional, onde xogando na mesma categoría, danse casos en que os homes están dados de alta na Seguridade Social, e as mulleres non. Por este motivo, o BNG en Lugo Sul organiza o coloquio “O PAPEL DA MULLER NUN MUNDO DE HOMES”, no que moderadas por Marga Rodríguez Rodríguez, entrenadora de basquet, intervirán Florina Medrea Medrea, árbitra profesional de Basquet, Elena Sánchez Iglesias, Ex xogadora de basquet e Rosana Prieto Florines, Responsábel Comarcal do BNG.

O Bloque Nacionalista Galego secunda e fai un chamamento á sociedade en xeral para apoiar as mobilizacións das organización feministas da bisbarra. O 8 de marzo convócase xuntanza na Praza de España de Monforte, ás 20:30h, para visibilizar a urxencia que ten a igualdade nas nosas vidas, “que este tipo de efemérides acaben en xornada de festa e non de reivindicación como na actualidade. Pola igualdade formal e real”, conclúen.

ÚLTIMAS

Está a arder Roxe de Sebes?

Em Soldom contarom-nos que naquela altura houvo quem pensou que César que podia ser...

Deteñen en Bóveda unha persoa requirida por un xulgado de Huesca

A Garda Civil detivo a unha persoa na localidade lucense de Bóveda tras non...

A Pobra do Brollón celebrará As Cores do Outono o 27 de setembro

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar o cartel da XI edición...

O lume non dá tregua no Concello de Quiroga

O incendio que saltou de Larouco a Quiroga o pasado 15 de agosto está...