HomesociedadeCambio no 'skyline' de Sarria despois de 10 anos

Cambio no ‘skyline’ de Sarria despois de 10 anos

A grúa da rúa Gran Vía comezábase a retirar na mañá deste martes 11 de setembro.

Publicado o

- Advertisement -

Os veciños da zona levaban solicitando a retirada do guindastre desde o 2014, xa que a obra á que daba servizo levaba paralizada 10 anos. Desde o equipo de goberno de Sarria aseguran que tentaron solucionar o tema desde que chegaron ao goberno. Daquela tentouse que a empresa construtora a retirase, pero dérase en quebra, buscouse unha maneira legal de requerilo, pero a grúa non estaba na parcela da obra, senon nunha finca veciña. Nesta situación requeriuse á propietaria da parcela que sinalou que tiña ao contratista denunciado por incumprimento do contrato, pero comprometeuse a retirala.

Niño de cegoña / XdL

Neste momento aparece un novo inconvinte, a grúa contaba cun niño dunha parella de cegoñas. Soliticitouse permiso para a retirada a Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, que á súa vez requeriulle ao Concello un informe do técnico municipal no que avalase a necesidade de ter que retirar o mencionado niño. Enviouse o informe á Consellería hai 3 semanas e concederon autorización para a retirada, polo que hoxe leváronse a cabo os labores necesarios para solucionar esta situación.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...