HomeDeportesFin de semana histórica para o Club Korbis

Fin de semana histórica para o Club Korbis

O Club Korbis proclámase campión da liga Galega de Voleibol en tres categorías.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na Liga Galega de Voleibol o Club Korbis proclámase campión en tres categorías. Pola mañá o equipo Infantil Masculino certificou o título de liga fronte ao Club Voleibol Maniotas cunha clara vitoria por 3 a 0. Gran tempada do equipo de Miguel Ángel de la Gama que cultivou 17 vitorias por tan só unha derrota e que había certificara a súa vitoria na xornada anterior.

Club Korbis Infantil Masculino / CK

As emocións fortes estaban reservadas para a tarde onde necesitaban a vitoria as infan!lles e as senior. Á primeira hora o equipo infantil impúxose polo resultado de 3 a 1 nun partido con albaixos ao Xuvenil Teis. As pupilas de Juliana Ribeiro tiveron que esperar á última xornada para pechar unha liga que tiñan gañada pero que se lles complicou nun final de tempada irregular a pesar de cultivar unha soa derrota en toda a competición.

Club Korbis infantil / CK

Pero o prato forte era ás 19 horas, cun Pavillón da Pinguela abarrotado de público, o equipo Senior do Korbis chegaba empatado a puntos co Xuvenil Teis. Nun partido tenso e moi igualado o equipo dirixido tamén por Miguel Ángel de la Gama, derrotaba á escuadra pontevedresa por 3 a 1 e coroábase como campión da competición.

Excelentes resultados do resto de categorías do club: segundo posto do cadete masculino, terceiros postos do cadete e os xuvenil femininos e o cuarto do junior masculino. A estes éxitos hai que sumar a convocatoria de 14 deportistas ás concentracións das Seleccións Galegas, sendo o club da comunidade con máis convocados.

Peche de tempada espectacular para o Korbis, que xa se clasificou directamente para o campionato de España nas categorías infantil masculino, que se celebrará en Soria, e infantil feminino, que terá lugar en Almería. Agora toca preparar as eliminatorias previas aos Campionatos Galegos, onde hai moitas posibilidades de obter medalla en varias categorías, tanto en masculino como en feminino.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...