HomeCulturaTarde de venres literario coas librarías Proencia e Agrasar

Tarde de venres literario coas librarías Proencia e Agrasar

Este venres, 18 de marzo, a Libraría da Proencia organiza o acto de presentación en Sober do novo libro do escritor chantadés, Xosé Lois García. E na libraría Agrasar de Monforte, Carlos Villarrubia presenta os seus libros, despois da firma de libros de Ledicia Costas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Xosé Lois García escribe sobre o poeta angolano, Lopito Feijóo, no libro África, pro-texto e erotismo na poesía de Lopito Feijóo. O poeta nado en Angola no 63 é un escritor en lingua portuguesa, fundador de organizacións como Brigada Jovem de Literatura Angolana e membro da Uniâo dos Escritores Angolanos. En 2021 recibiu o Premio Literario Guerra Junqueiro. O poeta tamén participará no acto da Libraría da Proencia.

Farase un achegamento á súa poesía da man do propio autor e co libro de Xosé Lois García, acompañados do prologuista, o escritor Manuel Rodrigues Vaz. Pondo música a este encontro da Lusofonía, Suso Verao.

O acto celebrarase na Casa da Cultura de Sober o venres 18 de marzo ás 20 horas, onde se poderá adquirir esta e outras obras tanto de Xosé Lois García coma de Lopito Feijóo. Non é preciso inscrición previa.

Mentres a Libraría Agrasar de Monforte acolle tamén o venres dúas propostas; de 16:30 a 18:30 haberá firma de libros con Ledicia Costas. Para celebrar a súa visita, sortearase un pack cos seus dous últimos libros publicados: “Golpes de Luz” e Ou neno de lume” asinados por ela. Ledicia, viguesa distinguida, recompila numerosos premios polas súas obras infantís e xuvenís destacando o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2015 pola obra Escarlatina, a cociñeira defunta.

Nesa xornada a partires das 20.00h, contarase co universo do autor Carlos Villarrubia, presentando os seus libros con títulos como, Al ritmo de Madrid, El niño del tobogán, Amor manando amor ou Quedan más cielos.

Catalán de nacemento, Villarrubia ten as súas raíces en Piño (A Pobra do Brollón) xa que a súa nai naceu alí. Únelle un forte vínculo á Ribeira Sacra e Galicia que se ve reflectido nas súas publicacións dunha forma especial. É escritor, xornalista, autor multimedia, director e guionista de cinema e televisión, conferenciante e compositor de máis de 600 cancións interpretadas por máis de cen artistas nacionais e internacionais como Lucrecia, Miguel Ríos, Cómplices ou Martirio.

ÚLTIMAS

Monforte mellorará o punto limpo e os contedores cun investimento de máis de 41.000€

O Punto Limpo do Concello de Monforte construíuse no ano 2000 e desde ese...

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...