HomePolíticaO PP de Monforte quere coñecer o desglose de gastos dunha Medieval...

O PP de Monforte quere coñecer o desglose de gastos dunha Medieval “sen nada novo”

A voceira do Grupo Municipal do PP de Monforte, Katy Varela, anuncia que pedirá por escrito o desglose dos gastos da Feira Medieval prevista para os días 16 e 17 de abril, e na que o Concello inviste 90.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os populares queren coñecer as cifras adicadas á Feira Mendieval e aseguran que esta celebración retómase grazas ao ánimo de comerciantes, hostaleiros, empresarios e veciños “que trasladan á rúa un auténtico aire medieval”. Por iso, consideran que Tomé “debería de presumir de menos gasto e implicarse menos no autobombo e si en render homenaxe a todos aqueles que iniciaron esta celebración; é dicir, tanto aos que impulsaron a investigación para incluír a Monforte na rede de xudarías de España, como aos cidadáns que, co se traballo, conseguiron que esta feira fose máis popular e máis grande”.

A voceira do PP afea tamén a Tomé “que non sexa de capaz de crear nada novo e que simplemente se aproveite dos proxectos iniciados por outros”. Katy Varela censura, ademais, que o rexedor local presentase o evento sen convidar ao resto de grupos políticos e si “a catro persoas aos que todos sabemos que non lles dá nin voz nin voto”.  Isto demostra, segundo a popular, “pouco talante democrático e moi pouca humildade política e persoal”.

E no pleno do pasado luns, o PP de Monforte solicitaba ao concello a través dun rogo, activar o alumeado público da entrada do Polígono do Reboredo e mellorar a sinalización horizontal das rúas. O alcalde sinalou que había dotación orzamentaria para seguir pintando as rúas da cidade e que o concello estaba mellorando todo o alumeado do municipio e que cando se chegara ao Polígono faríase o propio aínda que as estradas ás que se refire o PP non son do concello.

ÚLTIMAS

‘Val de Quiroga de tapas’: a tapa gañadora coñecerase tras o pregón da Feira do Viño de Quiroga

O 'Val de Quiroga de tapas' celebrou a súa décimo terceira edición neste comezo...

Os coidados como saída laboral a debate este 24 de abril no Ecocentro Natureza de Monforte

O vindeiro xoves, 24 de abril, o Ecocentro Natureza de Monforte de Lemos (á...

Búscase cartel para a Feira Guímara da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de anunciar a convocatoria para o primeiro...

Preséntase o cartel da XXX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que se celebrará do 9 ao 11 de maio

O cartel destaca as tres ribeiras de Pantón, a do Miño, a do Sil...