HomeCultura"Tabú" este 7 de abril no Multiusos de Monforte

“Tabú” este 7 de abril no Multiusos de Monforte

O teatro volve esta semana a Monforte, dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios, este xoves, 7 de abril, ás 20:15 no Edificio Multiusos coa posta en escea da obra para adultos Tabú, da compañía Tarabela Creativa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Tabú é o novo espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú.

O prezo da entrada xeral para esta obra será de cinco euros e tres para desempregados, xubilados e estudantes. A venta de entradas farase dende unha hora antes da actuación e a entrada o salón de actos realizarase media hora antes do comezo da obra.

A seguinte obra do ciclo de teatro para público infantil e familiar será Quixote da compañía Pedras de Cartón que terá lugar o xoves, 28 de abril, no Edificio Multiusos ás 18:00 h..

ÚLTIMAS

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...

Unanimidade do pleno de Folgoso do Courel para destinar a vivenda pública o cuartel da Garda Civil de Seoane

Este luns acordouse iniciar os trámites co Ministerio do Interior para conseguir o cambio...

Por Chantada propón que o parque das piscinas se chame Mirtha Castiñeiras, que foi 39 anos pediatra no municipio

O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción...

A CIG celebra este 4 de novembro unha asemblea aberta en Monforte para impulsar a participación na folga xeral do día 11

A Confederación Intersindical Galega (CIG) convoca unha asemblea aberta en Monforte co obxectivo de...