HomesociedadeA Confraría do Viño de Quiroga desfila anunciando nunha semana a súa...

A Confraría do Viño de Quiroga desfila anunciando nunha semana a súa Feira do Viño

Na mediodía deste sábado os confrades, ataviados co seu vistoso traxe de gala (capa de cor burdeos e sombreiro negro), recorrían a travesía principal da vila quiroguesa, dende a Casa Consistorial ata o Museo Etnográfico de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este desfile anuncia que xusto dentro dunha semana Quiroga estará inmerso na celebración da XL Feira do Viño e esta conta atrás xa se deixa sentir na vila quiroguesa. A Confraría do Viño de Quiroga anunciaba que esta festa está próxima e facíao co seu  tradicional desfile pola rúa Real acompañada da banda de gaitas O Recanto.

Este solemne acto, -que preside o Confrade Maior, o alcalde quirogués Julio Álvarez, e o presidente da Confraría, J. Manuel Rodríguez-, forma parte dos prolegómenos da Feira do Viño de Quiroga dende o ano 2012, ano no que se fundou esta congregación, que conta dende entón con 23 membros.

Confraría do Viño de Quiroga desfile 2022 / concello de Quiroga

Como remate do desfile, nas inmediacións do Auditorio, descubríase o banco pintado en homenaxe ao viño e que forma parte do proxecto de pintar os bancos máis deteriorados da vila dándolle unha nova vida. Tras o primeiro banco relacionado co Día da Muller agora Quiroga acolle un segundo bando, nesta ocasión en alusión o produto máis importante do municipio.

Xa a porta pechada, os membros do gremio realizaban unha xunta xeral anual na que que se tiña previsto dar conta dos informes do presidente e do estado de contas da confraría.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...