HomeCulturaFestival Sarria&Blues no Camiño do 4 ao 7 de agosto

Festival Sarria&Blues no Camiño do 4 ao 7 de agosto

Entre o 4 e o 7 de agosto celebrarase en Sarria a primeira edición do Festival Sarria&Blues no Camiño, un festival dedicado á música de raíz afroamericana co lema "Un cruceiro no crossroads"

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Festival Sarria&Blues no Camiño pretende unir dúas características representativas deste concello: o amor pola música e a herdanza do Roteiro Xacobeo. O blues, o rhythm and blues, o rock & roll, o soul e o resto de músicas de raíz afroamericana encherán as rúas sarriás de ritmo, cultura e diversión, con catro días de concertos, baile, conferencias, exposicións, presentacións de libros, poesía, cinema, actividades infantís e espectáculos rueiros, dirixidos a todo tipo de públicos.

O Festival ten vocación de cotinudade e ocupará diversos escenarios nos lugares máis emblemáticos da localidade. Durante a primeira fin de semana de agosto, artistas nacionais e internacionais converterán Sarria, en punto de encontro de persoas de todo o mundo, ao redor das músicas afroamericanas derivadas do Blues.

A organización pretende implicar neste proxecto á maior parte posible da sociedade sarriá, a través das súas organizacións culturais, sociais e veciñais.

O Festival está organizado polo Concello de Sarria e a Asociación Teixo e xurdiu por mor da celebración en agosto de 2021, da homenaxe ao polifacético artista Matías Moreno, falecido no nadal de 2020. Este espírito de homenaxe manterase no concerto central de festival, o do sábado día 6, que seguirá levando o nome de Matías Moreno Experience, e que servirá ademais para homenaxear a todos os compañeiros de viaxe que xa non están.

Sarria suma así unha nova cita anual á súa xa ampla oferta musical e cultural estival. O mito do crossroad, o cruzamento de camiños do blues, instalarase no quilómetro 111 do ancestral roteiro xacobeo, nunha experiencia tan integradora como o propio camiño.

ÚLTIMAS

Daveiga, dende o 2005 apostando polo desenvolvemento da contorna máis próxima

Lugar da Veiga S.L.L. nace no 2005 aínda que o proxecto levaba varios anos madurando...

O 12 de abril comeza un programa piloto para visitar as igrexas da Ribeira Sacra

A Ribeira Sacra coa maior concentración de arte románico rural de Europa é un...

A D.O. Ribeira Sacra no Salón Gourmets de Madrid do 7 ao 10 de abril

O Salón Gourmets, na súa 38ª edición, consolídase como o evento europeo de referencia...

“Coreografías do facer: imaxes do traballo feminino en Gustav Henningsen”, a exposición na igrexa nova de Chantada

A igrexa nova de Chantada acolle ata o 20 de abril a exposición "Coreografías...