HomesociedadeMonforte abrirá ao tráfico a rúa Rof Codina

Monforte abrirá ao tráfico a rúa Rof Codina

A obra pretende completar o proxecto da Zona C, actuando tamén na rúa Rof Codina, dende a Avenida de Galicia ata a nova zona urbanizada.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O proxecto de mellora da actual rúa Rof Codina, que contribuirá a complementar ás actuacións incluídas no proxecto de urbanización da Zona C, non está incluído no orzamento de actuacións da Zona C, e farase dentro do programa de melloras das infraestruturas municipais, que desenvolve o equipo de goberno.

Este proxecto ten un custe de licitación de 163.398,41 euros (IVE engadido), publicarase na Plataforma de Contratos do Sector Público, o luns día 25 de abril e estará aberto o prazo de presentación de ofertas ata o sábado, 21 de maio. A mesa de contratación celebrarase o luns 23 de maio.

“Para completar o proxecto da Zona C, consideramos que é necesario, actuar tamén na rúa Rof Codina, dende a Avenida de Galicia ata a nova zona urbanizada, onde os traballos están xa moi avanzados no que se refire ós desescombros, regularización do conxunto do terreo, e tamén xa se poden apreciar os novos viais e beirarrúas”, sinalou o Alcalde.

O Concello actualmente está desenvolvendo as obras de urbanización e dotación de servizos en dita Zona C, logo de que fora adxudicado este proxecto construtivo á empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. por un importe de algo máis de  915.000 euros (915.225,85€). Unhas obras que se estima estén rematadas ó longo deste verán.

Mellora Rof Codina

Coas obras en Rof Codina a calzada terá un ancho fixo de 3,50 metros e as beirarrúas terán anchos variables de entre 2,65 e 2,85 m., “co cal levaremos a cabo unha importante ampliación do espazo para uso peonil, humanizando deste xeito o conxunto da actuación, dende a Avenida de Galicia ata a rúa Cobas” subliñou o Alcalde.

As beirarrúas van ter un firme de granito, semellante ó que se vai colocar no inicio da nova urbanización e no entorno da Gardería municipal, integrándose no conxunto da nova urbanización. Renovarase abastecemento e saneamento, e soterraranse as redes de alumado público, baixa tensión e de telecomunicacións. Habilitaranse dúas zonas de carga e descarga.

O Alcalde tamén explicou que “todas as novas rúas, que son tres as relacionadas con este proxecto, serán de dirección única, e polo tanto é necesario que o inicio de Rof Codina tamén sexa de dirección única en sentido dende a Avenida de Galicia ata a rúa Cobas, mentres que a rúa que da acceso á Gardería Municipal terá un sentido de circulación como as agullas do reloxo, entrando dende a rúa Ourense e saída cara a rúa Cobas”.

Deste xeito, haberá unha circulación fluída, evitando entronques dificultosos e simplificando o tráfico o máis posible, dando unha solución semellante á travesía Veiguiña ou á rúa Germán Vázquez, o cal redunda na seguridade dos peóns.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...