Homesociedade'Adicatorias a Mamá!', campaña do comercio asociado de Sarria

‘Adicatorias a Mamá!’, campaña do comercio asociado de Sarria

A campaña realízase coa chegada do 1 de maio, data do 'Día da Nai'. A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU recollerá dedicatorias para as nais pola rúa para premiar despois á máis votada. Ademais, as compras realizadas ata esa data entrarán no sorteo de 3 vales por valor de 50 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

¡Adicatorias a Mamá! é o nome co que bautiza a Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU a campaña deste ano para celebrar o Día da Nai. O venres día 29 de abril a reporteira da asociación volverá ás rúas de Sarria para recoller as dedicatorias ás mamás. Os cumpridos recollidos subiranse despois ao Facebook do CCU Sarria e o máis votado gañará unha cea para dúas persoas na hostalaría asociada. 

As votacións para recoñecer as mellores dedicatorias recolleranse ata o derradeiro día da campaña, e o día 3 de maio a entidade fará publico o resultado.

SORTEO DE VALES DE COMPRA

Dende o 19 de abril e ata o 1 de maio –Día da Nai– as compras nos establecementos asociados darán a oportunidade de gañar un dos tres vales que se sortean por importe de 50 €. Durante a vixencia da campaña, os clientes depositarán os seus tíckets de compra nas furnas habilitadas nos establecementos asociados a ACES, cubrindo os seus datos. 

A organización lembra tamén que o martes día 3 de maio ás 13:00 horas procederase ao sorteo ante público dos 3 vales de 50 €. A persoa gañadora da cea será a dedicatoria que máis “Me gusta” ou equivalentes teña ás 23:59 horas do día 1 de maio. 

O comercio asociado agradece a colaboración do Concello de Sarria e lembra tamén que a vila conta con establecementos variados, de moi diversos sectores: salóns de beleza, ópticas, axencias de viaxe, roupa, calzado, agasallos, colchonerías, decoración, bares, restaurantes, aloxamentos, etc, onde facer as compras do día a día sen necesidade, na maioría dos casos, de buscar fóra. 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...