HomeTerra de LemossanidadeObradoiros de 'autocoidado' para coidadoras de persoas dependentes ou con discapacidade

Obradoiros de ‘autocoidado’ para coidadoras de persoas dependentes ou con discapacidade

A formación está promovida pola asociación Albores Saúde Mental coa intención de mellorar a saúde mental e a calidade de vida de coidadoras. Será de balde e levaranse a cabo en Monforte de Lemos todos os xoves, dende o 12 de maio ata o 2 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As persoas dependentes, con discapacidade e/ou enfermas a miúdo necesitan da atención diaria ininterrompida. A entidade Albores Saúde Mental, con sede en Monforte e Chantada, observa que “a día de hoxe aínda segue a ser habitual que este tipo de responsabilidades sexan asumidas polas mulleres, o que produce un deterioro da saúde física e mental. Aínda non demos o paso para que o resto da familia tome conciencia de que a sobrecarga e a atención a tempo completo socavan o dereito á igualdade e á saúde, e tome a iniciativa asumindo a súa parte de responsabilidade nos coidados”.

A Fundación Mujeres impartirá un ciclo de 4 sesións  –un á semana– dirixido ás mulleres coidadoras. Unha programa formativo que é posible grazas ao programa Servizo Integral de Apoio ás Mulleres Coidadoras, financiado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Os contidos serán os seguintes:

-Habilidades de comunicación para poñer límites.

-Estratexias para a resolución de conflitos.

-Claves para identificar a “culpa” e xestionala de forma saudable.

As sesións terán carácter gratuíto, levaranse a cabo nas instalacións do Club Xuvenil “A Casa do Neno”, situado na Rúa Cobas en Monforte de Lemos todos os xoves, dende o 12 de maio ata o 2 de xuño de 10:30 a 12:30 horas. A entidade Albores agradece a cesión das instalacións a Diego Rosales Galiñanes.

Segundo contan en Albores, o pasado ano realizouse un programa semellante para coidadoras con diferentes contidos cunha acollida moi boa, co cal se este ano se repite o éxito de inscrición valorarán realizar máis a miúdo estas formacións. Para inscribirse,  as interesadas poden contactar e inscribirse antes do 6 de maio no 982 404968 ou en albores@albores.org

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...