HomePolíticaOs populares de Monforte piden o arranxo urxente do firme da Praza...

Os populares de Monforte piden o arranxo urxente do firme da Praza da Estación

O PP de Monforte pide ao Concello o arranxo urxente do firme da Praza da Estación. Será a través do rogo que os populares formularán no pleno deste luns, 25 de abril, segundo adianta a voceira deste Grupo Municipal, Katy Varela.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular detalla así que en dito lugar existen “grande fochancas”, convertendo este emprazamento nun “elemento de risco” para vehículos e peóns. Neste senso, segundo indica Varela, as fochas aumentaron nas últimas semanas.

“Agardamos que o equipo de goberno tome nota desta petición, xa que do que se trata é de evitar un mal maior”, apunta a popular. E é que os adoquíns desta Praza están visiblemente levantados.

“É importante que o Sr. Tomé dea de xeito inmediato a orde de reparación, pois, de producirse algunha caída ou algún dano nos vehículos por mor do mal estado do firme, estaría sendo dobremente responsable da situación”, conclúe a voceira do PP.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...