HomeCultura"Galegas na ciencia" preséntase este día 6 no Ateneo Casino

“Galegas na ciencia” preséntase este día 6 no Ateneo Casino

O Ateneo de Monforte acolle este venres, ás 20:15 horas, a presentación de Galegas na ciencia, publicado por Belagua Ediciones. O libro recolle as biografías de vinte galegas pioneiras no mundo da ciencia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O libro recolle as biografías de vinte galegas pioneiras no mundo da ciencia. No acto intervirán a autora, Isabel Blanco, e a editora, Edurne Baines.
De Isabel Zendal (1777) a María Teresa Miras Portugal (1948), as mulleres das que se ocupa este libro teñen en común a súa galeguidade e o feito de seren pioneiras nos seus ámbitos.

Elas abriron as portas da ciencia vencendo obstáculos e, en ocasións, burlas e desprezos. Malia os seus logros, foron silenciadas e ignoradas pola historia. Galegas na ciencia reverte esta ausencia recuperando as biografías da primeira xinecóloga, a primeira arquitecta, a primeira astrónoma, a primeira programadora… Os textos son acompañadas por magníficas ilustracións de María Lapido.

A escritora e xurista, Isabel Blanco, busca con este libro animar ás novas xeracións a perseguir os seus sonos. “Quixen facer un libro que axude a romper estereotipos de xénero abrindo as portas das ciencias a homes e mulleres por igual,” explica a autora. “E, para iso, decidín apoiarme na historia destas vinte mulleres científicas, que teñen que servir como referentes”.

Galegas na ciencia visibiliza a figura destas mulleres contextualizando o momento histórico que lles tocou vivir, e sinalando os obstáculos que tiveron para desenvolver as súas capacidades. A presentación será este venres 6 ás 20:15 no Ateneo Casino de Monforte de Lemos. O acceso ao evento é libre ata completar aforo

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...