HomePolíticaApoios á plataforma 'Neste tren cabemos todxs'

Apoios á plataforma ‘Neste tren cabemos todxs’

A plataforma está integrada por todos os partidos na corporación de Monforte. O PP aproveita a iniciativa para repasar as xestións que teñen feito os populares.

Publicado o

- Advertisement -

A voceira popular en Monforte, Julia Rodríguez, destaca a importancia desta plataforma en defensa do ferrocarril e lembra as últimas xestións realizadas polo PP en temas como o porto secto ou a supresión dos pasos a nivel na cidade do Cabe.

Sinalan desde o PP  que a Xunta leva realizado un investimento próximo aos 20 millóns de euros no desenvolvemento da plataforma loxística loxística do porto secto e na execución da súa conexión coa estrada LU-933 continuación á N-120. Lembran as xestións para a inclusión dos portos galegos no Corredor Atlántico de transporte de mercadorías. De feito, a Comisión Europea facía pública o pasado mes de xuño a incorporación do noroeste español ao trazado do Corredor Atlántico trala demanda conxunta de Galicia, Asturias e Castela e León.

Para o PP tamén é mostra do compromiso dos populares co ferrocarril, o apoio á mellora da liña Lugo-Ourense ou a chegada do AVE a Galicia a través do anuncio do ex ministro popular Íñigo de la Serna de achegar 283 millóns de euros para rematar a conexión entre Lugo e Madrid en menos de catro horas.

En canto á supresión dos pasos a nivel na cidade de Monforte, unha das demadas da recén creada plataforma, desde o PP lembran que a Comisión de Entidades Locais do Senado aprobaba recentemente, unha moción do Partido Popular na que reclamaba acelerar os prazos de execución da eliminación dos pasos a nivel da rede ferroviaria dos termos municipais afectados. Os populares xa propuxeran en abril ao Pleno da Corporación local, instar ao Goberno do Estado a que o Adif priorice a eliminación dos pasos a nivel existentes na cidade do Cabe e, mentres esta non se produce, a incrementar as medidas de seguridade.

ÚLTIMAS

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...