HomesociedadeO Incio e Bóveda compartirán secretario-interventor para evitar quedar sen el

O Incio e Bóveda compartirán secretario-interventor para evitar quedar sen el

É o xeito que teñen de evitar que se suprima este posto de funcionariado.

Publicado o

- Advertisement -

Os concellos de Bóveda e O Incio acordaron a súa agrupación voluntaria para soster en común o posto de secretario-interventor municipal, que cobre persoal funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional.

Segundo recolle o Diario Oficial de Galicia (DOG), o expediente seguiu os trámites pertinentes ata a súa elevación á Xunta, que autoriza este tipo de agrupacións voluntarias, a cal debe elevarse a Consello, como ocorreu neste caso na sesión do 5 de maio.

O DOG tamén publica a cobertura deste posto, provisto por concurso, e que conta cun complemento específico de 43.101,95 euros (14 pagas anuais).

O caso de Bóveda e O Incio non é o único que se repite entre os concellos galegos. Así, o pasado 21 de setembro de 2021, os Concellos de Abegondo, Bergondo e Carral tamén se aliaron para soster en común o posto de traballo de tesouraría, neste caso cun complemento específico de 14.025 euros (14 pagas anuais).

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...