HomesociedadeEste mércores os alumnos do colexio público de Pantón en Coñece a...

Este mércores os alumnos do colexio público de Pantón en Coñece a túa provincia

Preto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os alumnos do Colexio Público de Pantón visitarán este mércores a cidade de Lugo. Percorrerán a Muralla e o centro histórico, coñecerán o pasado da cidade no Museo Provincial e visitarán lugares como a ponte romana ou o balneario. O percorrido comezará no Pazo de San Marcos, coñecendo a historia deste edificio, agora sede da institución provincial.

O xoves é a quenda do Instituto de Estudos Chairegos Pena do Encanto, de Vilalba, coñecerán o Pazo de San Marcos e continuarán a súa viaxe cara Taboada e Chantada, onde visitarán o patrimonio románico dos concellos e aprenderán sobre a viticultura heroica.

Coñece a túa Provincia busca apoiar a actividade do sector turístico, hostaleiro e comercial, e consolidar un modelo de turismo de calidade, sostible, con capacidade para atraer visitantes ao longo do ano, que pon en valor o patrimonio e que mantén e crea emprego, sobre todo no rural.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...