HomePolíticaO BNG de Sarria pregunta polo "campamento de verano bilingüe" contratado a...

O BNG de Sarria pregunta polo “campamento de verano bilingüe” contratado a unha empresa de Valladolid

Para o BNG o anuncio desde campamento con esta empresa xenera varias dúbidas que plantexan para ser respondidas polo goberno municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O BNG de Sarria informa duns cartaces que circulan pola vila nos que o Concello de Sarria anuncia un “campamento de verano bilingüe”, e sinalan, “este cartaz alén de incumprir claramente a ordenanza do galego vixente no noso concello desvela que ditos campamento van ser xestionados polo
instituto PAE, empresa con animo de lucro afincada en Valladolid.”

Para o BNG o anuncio desde campamento con esta empresa xenera varias dúbidas que plantexan para ser respondidas polo goberno municipal:

  • ¿Tendo en conta que o “instituto PAE” é unha empresa privada con animo de lucro , que tramitación seguiu o Concello de Sarria, ben para a cesión gratuíta dun espazo público ou ben para para a tramitación dun contrato administrativo?
  • ¿No caso de existir algún procedemento de contratación da empresa de Valladolid, déuselle a posibilidade de concursar en dito procedemento algunha academia de idiomas local, xa que existen varias que afincadas e tributando no noso concello?
  • ¿Se dita actividade, como versa o cartaz, é organizada polo concello, en base a que ordenanza se cobran as matriculas que ascenden a prezos que exclúen a moitas nenos e nenas do noso Concello?

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...