HomePolítica"As inundacións puxeron en evidencia as chapuzas de Tomé en materia de...

“As inundacións puxeron en evidencia as chapuzas de Tomé en materia de obras”, asegura o PP de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé, vén de informar das zonas afectadas polas inundacións deste domingo. Non houbo que lamentar danos humanos, pero a intensidade da choiva, máis de 64 l/m2 durante máis dunha hora, afectou a numerosos puntos de diferentes maneiras. E no pleno deste luns, esta será unha das cuestións no ambiente porque o PP apunta, con respecto ás inundacións deste domingo que “os sumidoiros están colapsados e os monfortinos sufriron as súas consecuencias."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A forte treboada deste domingo pola tarde provocou importantes inundacións no centro de Monforte, especialmente na zona da Compañía, rúa Hortas ou Praza Doutor Goyanes. Os bombeiros tiveron que intervir en varias ocasións, entre elas no local do Club de Piragüismo Quixós.

O alcalde de Monforte, José Tomé, daba conta este luns de que foron moitas as zonas da cidade e contorna que se viron afectadas pola intensidade e duración da trombra de auga, “durante máis dunha hora caeron máis de 64 litros/m2. Iso afectou á zona centro, pero houbo inundacións tamén no Morín, Ponte da Virxe, Valle Inclán, Os Chaos, rúa Ourense, Piñeira, Ribasaltas,…”. O alcalde informa de que entrou auga na oficina do peregrino e no BBVA. Pasos a nivel como o da Florida víronse afectados; houbo deprendementos na estrada a Gullade a Guntín e caeu unha parte do teito do edificio dos Xulgados. A policía local recibía na xornada de onte 56 chamadas por mor da treboada.

Este luns, a voceira popular, Katy Varela, referíase así ao acontecido, “a estampa apocalíptica que se viviu durante algunhas horas na cidade de Monforte é un reflexo da xestión de Tomé á fronte da alcaldía de Monforte”.

Inundacións 29 maio 2022 / Whatsapp

A popular apunta que “os sumidoiros están colapsados e os monfortinos sufriron as súas consecuencias. Tal e como nos comentaban os veciños, comprobamos que a aparición de ratas mortas e sucidade solidificada. É certo que a chuvia foi intensa e continuada durante preto dunha hora, pero tampouco podemos negar que a nosa rede de saneamento e abastecemento non está no estado máis óptimo”.

Contratación do SAF e terrazas hostalería

A voceira do Grupo Municipal Popular explica tamén que “o equipo de goberno local leva ao pleno deste luns a aprobación do expediente de contratación do Servizo de Axuda no Fogar. Aínda que, curiosamente, está xa na plataforma de contratacións publicado dende o día 13 de maio”. A popular condena, polo tanto, que “Tomé volve a traballar de forma caótica e sen a orde legalmente establecida. Despois estráñase das denuncias e demandas que lle presentan”.

O PP de Monforte defenderá tamén no pleno unha proposta para facilitar aos locais de hostalería terrazas tan amplas como sexa posible, dentro do establecido na ordenanza e presentan unha moción para ampliar no campamento de verán o número de prazas para nenos de 4 a 6 anos con necesidades especiais

ÚLTIMAS

Por Chantada presenta unha moción para a preservación da empanada do municipio

Por Chantada explica na moción presentada no concello, que nas últimas décadas e coa...

“Juana I de Castilla”, unha obra teatral da compañía rioxana ‘Nueve Lunas Teatro’ en Sarria

A compañía rioxana Nueve Lunas Teatro trae a Sarria este domingo 27 de setembro...

O 29 de setembro remata o prazo para matricularse nun novo curso da Escola de Música Samoeiro

A Escola Samoeiro leva dezaoito anos en activo, aglutinando arredor da música e do...

A UNED Sénior de Sarria celebra 12 anos coa graduación de 40 estudantes

O acto serviu para recoñecer o traballo realizado durante o curso e, ao mesmo...