HomesociedadeAdega Régoa, escenario de serie para plataformas de streaming en todo o...

Adega Régoa, escenario de serie para plataformas de streaming en todo o mundo

Régoa de José María Prieto, no concello de Sober, é a única adega de Galicia elixida para formar parte desta serie de adegas de autor. Esta fin de semana tivo lugar a rodaxe da serie documental da produtora neoiorquina E- Content Digital, á que anuncia lle dará proxección internacional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O equipo que visitou a adega, un total de dez persoas chegadas de EEUU, quedou “impresionado” co alto nivel dos viños de Régoa, na subzona de Amandi da D.O. Ribeira Sacra, no concello de Sober.

Alí rodaron nunha viña de 10 hectáreas cunha inclinación de terreo superior ao 80%. A singularidade da paisaxe e do viño, de longo percorrido, algúns con ata 15 anos, foron os motivos principais polos que a produtora elixiu Régoa para o seu proxecto. A intención, precisan desde a produtora, é distribuír o traballo en plataformas de streaming por todo o mundo.

Régoa rodaxe E-Content Digital / Adega Regoa

Cada unha das zonas vinícolas elixida dará para un episodio da serie, cinco en total, polo que Adega Régoa será a protagonista dun dos episodios do proxecto. O equipo tamén visitou a olería de Gundivós e unha queixaría de Chantada. Aproveitaron para coñecer a feira de Sober, onde comeron o polbo, e a igrexa de Pinol, para ver as pinturas murais recentemente recuperadas. O proxecto documental estrearase previsiblemente no último trimestre do ano e terá versión en español e en inglés no seu lanzamento.

Adega Régoa

Adega Régoa conta con dez hectáreas de viñedo nunha única peza no corazón de Amandi, en San Martiño, no Concello lucense de Sober. A súa plantación e coidado comezou no ano 1993, mentres que a adega abre as súas portas no ano 2005 en Sampil, Pinol. A produción é de 40.000 quilos anuais de uva que destinan maioritariamente ao comprado nacional a través das súas distribuidoras. A adega dá traballo a dúas persoas ao longo de todo o ano, número que se incrementa na época de poda e elaboración do viño. A viña está mecanizada cun sistema de railes con 12 elevadores. As vistas ao Canón do Sil son espectaculares desde esta viña, como quedará reflectido no traballo que se rodou esta fin de semana.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...