HomesociedadeA D.O. Ribeira Sacra regresa á London Wine Fair con 16 adegas

A D.O. Ribeira Sacra regresa á London Wine Fair con 16 adegas

Esta London Wine Fair será a segunda acción de promoción conxunta levada a cabo pola Asociación de Consellos Reguladores do Viño de Galicia e das II.XX. Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A D.O. Ribeira Sacra acode por segunda vez á London Wine Fair, despois de estrearse na feira anglosaxoa en 2019. Do 7 ao 9 e xuño ten lugar esta cita que reúne a máis de 14.000 viños de 32 países e conta coa asistencia de importadores e distribuidores de todo o mundo. En febreiro de 2020, a D.O. tamén acudía a Londres con Decanter a través dunha acción promocional de IGAPE.

Acudir á feira de Londres contribúe a consolidar as vendas das adegas da Denominación que xa exportan ao mercado anglosaxón e abre a posibilidade a outras adegas. Con esta cita, a D.O. Ribeira Sacra pecha a participación nas feiras internacionais por este ano, despois de levar o sabor dunha paisaxe a Vinexpo, Prowein ou Fenavin.

Acoden á London Wine Fair as seguintes adegas:

  1. Adega Cachín S.C.
  2. Adega Saíñas S.L.
  3. Adegas e Viñedos Vía Romana S.L.
  4. Adegas Salvadur S.L.
  5. Alvarín Losada, Mª Gloria
  6. Bodega Soutelo S.L.
  7. Bodegas Rectoral de Amandi S.A.U.
  8. Don Bernardino S.L.
  9. Finca Míllara Bodegas y Viñedos S.L.
  10. Grupo Peago S.L.
  11. Marcelino Tierras y Vinos S.L.
  12. Marcos Fernández, Ramón
  13. Moure Fernández Rubén
  14. Regina Viarum S.L.
  15. Rodríguez López, Víctor Manuel
  16. Ronsel do Sil S.L.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...