HomesociedadeCasa do Maior en Taboada para mellorar a conciliación

Casa do Maior en Taboada para mellorar a conciliación

A Consellería de Política Social e Xuventude impulsa un novo recurso de conciliación en Taboada coa posta en marcha dunha Casa do Maior na rúa das Insuas, financiada pola Xunta cunha achega de 74.000 euros para acondicionar o local e desenvolver a actividade ata 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitaron o centro acompañados do promotor, Jesús Gómez Regueira. Destacaron a boa acollida do servizo, que ten cubertas as cinco prazas que ofrece, as máximas permitidas para este tipo de instalacións.

As Casas do Maior constitúen unha alternativa de conciliación fundamental nos concellos do rural que carecen doutras opcións semellantes. Funcionan como pequenos centros de día que atenden de xeito gratuíto a persoas maiores de 60 anos durante un máximo de 8 horas diarias de luns a venres. Os servizos inclúen a estancia, a realización de actividades de lecer e promoción da autonomía persoal e o transporte das persoas usuarias. O ano pasado puxéronse en marcha 15 centros que suman 75 novas prazas na provincia de Lugo.

Como novidades, sinalaron que aqueles centros abertos en 2019 incrementarán a axuda anual para o seu funcionamento ata chegar aos 24.200 euros, ao que hai que sumar un pagamento para os gastos derivados do transporte dos maiores. Ademais, tamén se contempla como na anterior edición a ampliación do perfil do usuario, que xa non precisa ter un grao de dependencia recoñecido.

Casa do Maior Taboada / Delegación Territorial

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...