HomesociedadeCegasal, mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidade, chegará a...

Cegasal, mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidade, chegará a Sarria e Monforte

A Deputación de Lugo levará a seis concellos da provincia a mostra itinerante Cegasal, unha asociación de persoas para as persoas sobre a inserción laboral das persoas con discapacidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A exposición estará composta por 24 imaxes do fotógrafo coruñés, Diego Silva, que amosa a capacidade laboral das persoas con discapacidade e que percorrerá os concellos de Monforte de Lemos, Sarria, Viveiro, Foz, Vilalba e Lugo entre mediados do mes de xuño e setembro. Coincidindo coa última parada desta mostra, que terá lugar no Pazo de San Marcos, haberá tamén unha xornada de formación sobre os Centros Especiais de Emprego que será aberta á cidadanía.

“Con esta iniciativa, dende a Deputación pretendemos poñer en valor o traballo que desenvolven as persoas con discapacidade nas empresas. Cremos que un aspecto moi importante para lograr unha inclusión plena das persoas con discapacidade é lograr a súa inserción laboral en igualdade de condicións. Por iso, esta exposición fomenta a sensibilización e a concienciación sobre esta realidade”, sinalou García Porto.

A Deputada remarcou que “estes traballadores e traballadoras son un exemplo claro de que é posible promover unha cultura empresarial inclusiva, que entenda a diversidade como un activo xerador de valor social e económico”. Engadiu que para a Deputación “é unha honra acoller esta iniciativa e levala pola provincia” porque a mostra “pon o foco nas súas capacidades”.

Cegasal

Cegasal, a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro, é unha organización que se constituíu en Galicia en 1997 co obxectivo de fomentar o emprego de calidade para as persoas con discapacidade e risco de exclusión social. Agora mesmo, Cegasal conta con 35 centros especiais de emprego asociados, isto é, empresas de titularidade privada nas que a lo menos o 70% do cadro de persoal está conformado por traballadores e traballadoras con discapacidade. No seu conxunto facturan uns 44M€ anuais.

Na provincia de Lugo, Cegasal conta con dous centros especiais de emprego, Grafinco e Productores de Carne da Ribeira Sacra, que dan emprego a preto dunha veintena de persoas con capacidades diferentes.

ÚLTIMAS

“Agosto astronómico” para o turismo en Chantada

A Oficina Municipal de Turismo do Concello de Chantada recibiu 5.365 visitantes no pasado...

O viños da Ribera Sacra na Barcelona Wine Week do 2 ao 4 de febreiro

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra participará por segundo ano consecutivo...

Do 2 ao 13 de febreiro Monforte convoca concurso de axudas para a confección de traxes medievais

O Concello ten solicitado a declaración de Feira de Interese Turístico Galego para esta...

‘El Monasterio de San Vicente del Pino y su colección diplomática’, interesante charla histórica en Monforte

A Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos acolle o venes...