HomePolíticaOs socialistas de Pantón denuncian "a caótica situación" do centro de saúde

Os socialistas de Pantón denuncian “a caótica situación” do centro de saúde

Os socialistas de Pantón denunciaron "a caótica situación sanitaria que padece a veciñanza da vila, tras comprobar in situ no centro de saúde a falla de médicos e que se cancelen as citas médicas previstas para esas xornadas."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Dende a Agrupación Socialista de Pantón advirten que esta situación está afectado gravemente aos doentes, “xa que o facultativo que ten que atender aos pacientes nas quendas dos martes e os xoves, ás veces non pode asistilos, pero aos veciños non se lles informa da cancelación da súa cita médica, e polo tanto ata que chegan ao centro de saúde non saben se van a ser atendidos ou non”, denuncian os socialistas.

Critican ademais que esta situación “vense dando dende fai varias semanas, sen que ninguén poña unha solución a este asunto. Por parte do Alcalde e do Goberno local xa non esperamos nada, pero polo menos que teñan a decencia de preocuparse pola situación sanitaria dos seus veciños e trasladen estas queixas á Conselleira de sanidade, para rematar con esta incompresible situación”, din dende o PSdeG.

Ademais lembran o compromiso do PP, do Alcalde e da Conselleira de Sanidade para cubrir a terceira praza médica no centro de saúde, “que a día de hoxe segue sen cubrirse. Estamos absolutamente esquecidos polo goberno da Xunta” e insisten, “para nós a sanidade é unha prioridade e queremos unha solución para as carencias sanitarias do noso centro de saúde. Goberno do PP, fagan algo e móvanse”.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...