HomesociedadeO IES A Pinguela impartirá un Ciclo Medio de Confección e Moda

O IES A Pinguela impartirá un Ciclo Medio de Confección e Moda

Haberá 22 prazas dispoñibles para este novo ciclo que se suma aos once cos que xa conta o centro de ensino monfortino de cara ao vindeiro curso 2022/23.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo informan dende o IES A Pinguela, a Consellería de Educación vén de publicar a oferta de FP para o curso 2022-23 cunha boa nova para o centro formativo monfortino.

No IES A Pinguela gábanse de seren unha referencia, tamén na Formación Profesional da provincia, tras coñecer que engadirán un novo ciclo formativo á familia profesional de Téxtil. A maiores do ‘Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda’ impartirán, desta en ordinario, o Ciclo Medio de Confección e Moda para o que sairán 22 prazas.

Deste xeito, a oferta educativa do IES A Pinguela quedará como segue:

No que respecta a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) haberá ata 8 grupos; e para Bacharelato contarase con: Ciencias e Tecnoloxía (Ata 2 grupos por curso),  e Humanidades e Ciencias Sociais (Ata 2 grupos por curso).

Ciclos da familia profesional de Imaxe Persoal:

-Ciclo Medio de Estética e Beleza

-Ciclo Medio de Peiteado

-Ciclo Superior de Estilismo e Dirección de Peiteado (FP dual: 20 PRAZAS)

Ciclos da Familia Profesional de Informática:

-Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes

-Ciclo Superior de Desenvolvemento de Aplicacións Web (vespertino)

Ciclos da familia profesional de Administración:

-FP Básica de Servizos Administrativos

-Ciclo Medio de Xestión Administrativa

-Ciclo Superior de Administración e Finanzas

-Ciclo Superior de Administración e Finanzas (FP dual: 13 prazas) 

-Ciclo Superior de Asistencia á Dirección (adultos modular)

Ciclos da familia profesional de Téxtil:

-Ciclo Medio de Calzado e Complementos de Moda (FP dual: 18 prazas) 

-Ciclo Medio de Confección e Moda.

As prazas da FP dual veñen definidas sobre todo polos contratos con empresas previstos, dado que o alumnado, ademais de adquirir unha maior experiencia laboral, recibe unha remuneración económica e teñen cotización á Seguridade Social.

Todos os alumnos e alumnas de FP teñen tamén, agora na postpandemia, a posibilidade de realizar prácticas en empresas da Unión Europea, xa que o centro conta con acreditación Erasmus+ recoñecida ata o 2027.

Para o vindeiro curso, o centro retomará a FCT en países como Irlanda, Francia ou Italia, ademais de incorporar a novas empresas de Portugal.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...