HomesociedadeA 'Fashion Night' volve a Monforte na noite de San Xoán

A ‘Fashion Night’ volve a Monforte na noite de San Xoán

Será o vindeiro xoves 23 de xuño e está organizada polo Centro Comercial Urbano, asociación de comerciantes da cidade do Cabe. Será unha noite especial, con diferentes actividades para achegarse ao comercio local como as chamativas exhibicións de moda a pé de rúa.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A noite do 23 de xuño numerosas tendas asociadas ao CCU monfortino abrirán en horario especial, desde as 20:30h ata a 01:30h da madrugada, para que veciños, veciñas e visitantes poidan gozar dun ambiente festivo e diferente para facer as súas compras.

Entre as actividades que se realizarán cómpre destacar a presenza de varios zancudos animando as principais rúas comerciais de Monforte e a esperada “IV Edición da #StreetFashionMonforte” con exhibicións de moda a pé de rúa. Os horarios e lugares onde se realizarán os pases de moda a noite do día 23 serán os seguintes: 

Ás 19:30h Rúa Cardenal.

Ás 20:30h Rúa Doutor Teixeiro.

Ás 21:30h Rúa Comercio.

Na Street Fashion Monforte varios veciños e veciñas de Monforte e arredores vivirán a experiencia de ser modelos por un día desfilando coas prendas e complementos cedidos por tendas asociadas ao Centro Comercial Urbano de Monforte (CCU).

QUERES SER MODELO POR UN DÍA?

Os organizadores están a convidar eses días á xente para participar como modelo nesta nova edición da #StreetFashionMonforte. Con ese obxectivo están facendo unha convocatoria para asistir a un casting que terá lugar o martes 21 de xuño ás 19:30 h. na Rúa Cardenal (zona peonil). No mesmo seleccionaranse modelos a partir de 4 anos.

As exhibicións de moda estarán acompañadas pola música dun DJ e haberá actuación musical en directo.

ÚLTIMAS

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...