HomesociedadeNovas melloras na estrada provincial de Sober a Doade cun investimento de...

Novas melloras na estrada provincial de Sober a Doade cun investimento de 120.000€

A Deputación de Lugo comezou este mércores novos traballos de mellora da estrada provincial LU-P-5903, que conecta Sober e Doade. Uns traballos nos que a institución inviste preto de 120.000€ para renovar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 13,740 e 14,480.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Estas obras dan continuidade aos traballos executados no anterior tramo, entre os quilómetros 13 e 13,740 cun investimento de 100.000€. Agora a institución ten en fase de licitación novas actuacións na vía, do 12,845 ao 15,350 por importe de 135.000€. Polo tanto, o investimento total da Deputación nesta estrada alcanza os 355.000€.

Con respecto ao proxecto que se está acometendo, os labores consisten na ampliación da plataforma ata conseguir unha anchura de 5,5 metros, drenaxe, afirmado e pavimentación e sinalización horizontal. A previsión é que quede rematada nas vindeiras semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas sexan favorables.

A institución provincial recalca que estas obras non só benefician aos veciños e veciñas de Sober, senón tamén a numerosos visitantes que empregan esta estrada para coñecer a comarca da Ribeira Sacra, os miradoiros e as adegas.

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, salienta a importancia destes traballos e asegura que “a mellora das comunicacións é unha prioridade para o Goberno. Defendemos a mobilidade como un dereito básico da cidadanía porque cremos que unha boa rede de estradas é fundamental para o equilibrio territorial e para o desenvolvemento do rural, porque axuda a fixar poboación e a achegar os servizos”.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...