HomeEconomíaO Concello de Sober precisa cubrir 14 vacantes de emprego

O Concello de Sober precisa cubrir 14 vacantes de emprego

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober ofrece 7 vacantes laborais subvencionadas a través do programa de fomento de emprego da Deputación de Lugo.

Os perfís que se demandan no Concello son un técnico informático cun contrato que durará 9 meses e 6 contratos de medio ano de duración nas categorías de monitor multidisciplinar de deportes, auxiliar viticultura, peón pintor, peón auxiliar de protección civil e un técnico de turismo.

Por outra banda, tamén está aberto o período de selección de persoal laboral temporal de 7 profesores da Escola de Música Municipal. As vacantes a cubrir son as de docente de percusión, frauta, traveseira, trompeta, piano, clarinete, saxofón e música e movemento.

Para máis información, o demandantes de emprego pode consultar as bases da convocatoria no páxina web do Concello www.concellodesober.com

 

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...