HomeComarca de ChantadaChantadaMellora da CG-2.1, no treito entre Chantada e o Alto do Faro

Mellora da CG-2.1, no treito entre Chantada e o Alto do Faro

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade inviste 165.300 euros nas obras de mellora que acaba de iniciar na vía de altas prestacións CG-2.1, no treito entre Chantada e o Alto do Faro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, desprazouse este 1 de xullo ata o enlace coa estrada LU-213 para comprobar o avance dos traballos que se están a realizar na vía de altas prestacións autonómica CG-2.1. As obras consisten no reforzo localizado do pavimento entre os puntos quilométricos 29+450 e 43+050.

Para iso programouse a realización de fresados nas partes da vía que o precisan e a reposición do firme con mestura bituminosa en quente. Posteriormente repintaranse as marcas viarias. Os traballos comezaron o pasado mércores, 29 de xuño, e está previsto que rematen a mediados de xullo aproximadamente.

A execución das obras afecta puntualmente ao tráfico, polo que está prevista a habilitación de carrís alternativos de circulación coa debida instalación de sinalización provisional cando sexa necesario.

IMPORTANCIA DAS OBRAS

A Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, acomete directamente estes traballos cos medios de conservación de estradas da provincia de Lugo, co fin de reforzar a seguridade neste treito da CG-2.1, unha vía que conecta Monforte de Lemos co Alto do Faro.

Arias subliñou que o ano pasado rehabilitouse completamente o firme desta vía de alta capacidade entre Monforte de Lemos e Escairón (O Saviñao), dentro dun contrato de mellora de estradas da Zona Sur de Lugo dotado cun orzamento de 2 M€.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...