HomeMovementos sociaisSuspendida a corrida de touros de Sarria

Suspendida a corrida de touros de Sarria

O evento taurino que estaba previsto que se celebrara o vindeiro 30 de setembro en Sarria, finalmente non se levar a cabo

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sarria concedeu o venres 21 de setembro, a licenza municipal pertinente para que o empresario taurino, Juan Santos, celebrara a súa corrida de touros programada para o vindeiro día 30. Sen embargo, e a tan so de 7 días para tal celebración, o acto finalmente non se levará a cabo.

Para que a xornada gozara de todas as medidas pertinentes, o grupo de goberno local xa tiña organizado o dispositivo especial para ese día acordado nunha xunta de seguridade na que participaron a subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez, a alcaldesa de Sarria Pilar López e representantes da Garda Civil, Tráfico e Policía Autonómica e Local

Con todo previsto por parte do goberno local e forzas de seguridade, finalmente o empresario taurino non vai levar a cabo o seu propósito alegando falta de tempo para publicitar o evento e tamén para entregar a documentación pertinente na Xunta de Galicia.

Cómpre lembrar que este evento íase celebrar dentro dos festexos programados para as Festas de San Xoán de Sarria pero finalmente foi aprazado. Un evento moi controvertido pois dende a formación Galicia, mellor sen touradas levaron a cabo diversas manifestacións rexeitando que o a súa localidade albergue festexos de esta índole. Con 2600 sinaturas recollidas e os partidos de oposición á actual rexedora en contra, finalmente o corrida íase celebrar sen financiación municipal.

 

 

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...