HomeCulturaInaugurado o Fancine de Lemos que este ano homenaxea a José Luis...

Inaugurado o Fancine de Lemos que este ano homenaxea a José Luis Montero

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, inaugurou este mércores pola tarde na Casa da Cultura, a oitava edición do Fancine de Lemos, Festival de Cine Fantástico, que se celebrará ata o domingo día 10. Antes da intervención do rexedor monfortino na inauguración do Fancine, a comitiva procedeu a visitar a exposición que acolle a Casa da Cultura arredor da figura de Jose Luís Montero.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acto inaugural, o rexedor municipal estivo acompañado polo director deste Festival, o monfortino Iván Patiño, así como pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, a Concelleira de Cultura, Marina Doutón e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada. Tamén estivo o actor Chechu Salgado, recente gañador do Goya ó actor revelación, e a actriz compostelá Sabela Arán.

O Alcalde resaltou na súa intervención a consolidación desta mostra, “grazas á cal contribuímos a achegar a cultura ós veciños de Monforte; pero tamén á xente que decide visitarnos durante o verán. E é que a realización deste evento contribúe a traer visitantes á nosa cidade. Polo tanto, o Fancine de Lemos é un elemento máis da nosa programación do Verán Cultural, que axuda a proxectar Monforte e a Ribeira Sacra fóra das nosas fronteiras”.

O Festival segue a apostar forte pola idea de converter a Ribeira Sacra nun espazo onde o cinema e a sustentabilidade o sitúe entre os festivais de xénero máis importante de Galicia. Un dos atractivos deste Festival é a posibilidade de ver cine ó aire libre.

O Concello monfortino colaborou con 5.000 euros para o desenvolvemento do Fancine, ademais de ceder espazos como a Casa da Cultura, a praza de España ou o Cuadrado do Parque dos Condes. A Deputación provincial de Lugo tamén achegou outros 5.000€.

Antes de rematar a súa intervención, o Alcalde anunciou a estrea en primicia do documental sobre a figura de José Luís Montero, figura clave na historia audiovisual e histórica de Monforte, que faleceu en 2021, e que doou unha colección de libros sobre Monforte ó Concello. O material forma parte dunha exposición na sala da Casa da Cultura, unha homenaxe que lle rende o FanCine de Lemos en colaboración co Concello de Monforte de Lemos, e que servirá para lembrar o importante que foi José Luís Montero.

Fancine de Lemos

Este ano o festival xirará entorno á relación que teñen o cinema e o mundo dos videoxogos. Tamén, o Festival conmemorará o 20º aniversario da película “Resident Evil” e o 40º aniversario da película “Tron”.

Ademais do concurso anual de curtametraxes, eixe principal do Festival, e as proxeccións de longametraxes, o certame terá un sinfín de actividades dende masterclass, obradoiros de maquillaxe ou concertos. Este ano, o país convidado este ano será México, do que se proxectará unha mostra do cinema fantástico que se fai nese país.

ÚLTIMAS

Inscricións abertas para participar na III San Silvestre que se correrá en Chantada o 26 de decembro

As inscricións están abertas a través da web www.ccnorte.com, ata as 23:59h. do día...

As Oficinas de Retorno itinerantes atenderon a máis de 4000 persoas na provincia

Na provincia de Lugo o servizo leva atendidas xa máis de 4.000 persoas desde...

Recomendacións para a veciñanza ante os recentes roubos en Pantón

Desde o PSdeG de Pantón agradecen a rápida resposta e a sensibilidade da Subdelegación...

Gastronomía, viño e música para gozar do outono na Praza de Abastos de Monforte

A delegación da zona sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo...