HomePolíticaO PP de Monforte denuncia un gardarraíl que corta varios accesos ao...

O PP de Monforte denuncia un gardarraíl que corta varios accesos ao Hospital

A portavoz popular, Katy Varela, dá a coñecer “a lamentable actuación do Concello de Monforte cercando as instalacións do recinto do Hospital na súa parte traseira”, tal como trasladaron ao PP “empregados do hospital Comarcal de Monforte de Lemos”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Varela explica que recentemente, o Concello procedeu ao asfaltado do Camiño dos Codesos, pola parte de atrás do Hospital Comarcal, lugar por onde os camións descargan subministracións importantes para este complexo sanitario.

A portavoz popular indica que “existen desde este camiño outros accesos menores pero igual de importantes para o persoal do Hospital; “o concello gobernado por Tomé, sexa polo seu afán de constante enfrontamento coa Xunta de Galicia sexa polo seu carácter chafalleiro na execución das obras, procedeu á instalación dun gardarraíl soamente polo lado da estrada que rodea ao hospital, cercándoo e cortándolle calquera acceso”.

Os traballadores expresaron a súa protesta ao populares xusto no momento da instalación da varanda. “Gobernar é tomar decisións, pero as decisións teñen que estar debidamente meditadas e responder a unha análise rigorosa das súas vantaxes e inconvenientes. No caso do alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, está claro que moitas decisións están escasamente pensadas e, se o están, non teñen por obxectivo principal mellorar a calidade de vida dos cidadáns”, conclúen os populares.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...