HomeSucesosEncontran un hóspede falecido nun hostal de Monforte

Encontran un hóspede falecido nun hostal de Monforte

Segundo fontes do 112 Galicia , sobre as 20,15 horas a central de emerxencias recibía unha chamada por parte do persoal do establecemento, situado na Praza Doutor Goyanes, indicando que un dos clientes non abría a porta do seu dormitorio e non podían acceder.

Publicado o

- Advertisement -

Un hóspede dun hostal do concello lucense de Monforte de Lemos foi atopado falecido este sábado pola tarde, despois de que o persoal do establecemento solicitase axuda aos servizos de emerxencias para poder acceder á habitación.

Segundo fontes do 112 Galicia , sobre as 20,15 horas a central de emerxencias recibía unha chamada por parte do persoal do establecemento, situado na Praza Doutor Goyanes, indicando que un dos clientes non abría a porta do seu dormitorio e non podían acceder.

Con esta información, o 112 Galicia deu aviso aos servizos sanitarios e aos Bombeiros de Monforte de Lemos, que conseguiron acceder ao interior da habitación a través dunha xanela para, posteriormente, permitir a entrada dos profesionais sanitarios.

Así mesmo, ata o establecemento tamén se desprazou a Policía Local do municipio lucense.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...