HomesociedadeReordenación do estacionamento do Centro de Saúde de Monforte

Reordenación do estacionamento do Centro de Saúde de Monforte

O concello de Monforte reordena o espazo de estacionamento situado na fachada do Centro de Saúde da cidade, na rúa Doutor Casares, para destinalo por completo a dar servizo de estacionamento ós usuarios do citado ambulatorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Coa finalidade de acadar o mellor nivel posible de utilidade e seguridade para os usuarios, o Equipo de Goberno reordenou a zona de estacionamento existente fronte o referido Centro de Saúde de Monforte, facilitar o aparcamento para os servizos de ambulancia, para as persoas con discapacidade e persoal sanitario, recollida e deixada de persoas con mobilidade reducida e tamén servizo de taxis.

O Alcalde sinala que para nós “é prioritario mellorar o acceso de usuarios e pacientes que acoden ó Centro de Saúde, é por elo redeseñamos todo o espazo de estacionamento situado na súa fronte, dotándoo de aparcamentos para vehículos sanitarios, para os profesionais do centro, así como para persoas con mobilidade reducida e dando servizo de transporte en xeral, coa habilitación de dúas prazas para taxis”.

A nova reordenación deste espazo destinado a mellorar os servizos de aparcamento do Centro de Saúde, establece un espazo destinado a ambulancias, cunha lonxitude de 8 metros, a contar a partir da rampa de acceso á beirarrúa existente pola parte sur de dito centro.

A continuación, mantense a praza reservada para usuarios con mobilidade reducida, e seguindo a esta o Concello delimitará un espazo de nova creación destinada a parada de taxis, con dúas prazas. Neste senso, a regulación de este estacionamento era algo prioritario para o Alcalde, de ahí que na ordenanza de taxis, aprobada no Pleno da Corporación el pasado 27 de decembro de 2021, deixara recollido no seu artigo 26, denominado “Paradas”, unha parada “na que os taxis poderán estacionar á espera de pasaxeiros” no Centro de Saúde.

Tras a parada de taxis, ubicaranse dúas prazas reservadas para persoal médico que dispoña de tarxeta de identificación como persoal autorizado. A continuación, no espazo restante que se estima en 10 metros de lonxitude, o Concello establecerá un área de parada que poderá ser utilizada unicamente para a subida e baixada de usuarios do Centro de Saúde, con tempo máximo de parada de vinte minutos para permitir o acompañamento o interior da persoa trasladada por parte do condutor do vehículo e no horario de funcionamento do centro en que se rexistra unha maior afluencia de usuarios, considerando como tal o comprendido entre as 7:00 h. e as 15:00 horas dos días laborables.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...