HomeCultura"Camiños e Cantares nos eidos da bremanza" chega o 20 de xullo...

“Camiños e Cantares nos eidos da bremanza” chega o 20 de xullo a Samos

As xornadas "Camiños e Cantares nos eidos da bremanza: Unha Peregrinación literaria, cantada e falada" están organizadas pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), para conmemorar o "60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro ao Cebreiro" e o "25 cabodano do poeta, Fiz Vergara Vilariño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas comezarán este venres, día 15 de xullo, no Cebreiro, e o mércores, día 20, estarán en Samos, quedando para o mes de setembro a programación de Sarria e Triacastela.

O presidente da Asociación organizadora, Xosé María García Palmeiro, e o coordinador das xornadas, o xornalista, Luís Celeiro Álvarez, presentaron en Sarria o programa das Xornadas e destacaron a colaboración das entidades culturais e de amigos do Camiño de Santiago que se uniron a este proxecto de APECSA.

“Camiños e Cantares nos eidos da bremanza” inclúe catro xornadas, nos catro primeiros concellos galegos do Camiño Francés, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos e Sarria, para facer difusión e recoñecemento dos valores culturais do Camiño neste ámbito territorial, a partires da exaltación de dúas figuras ilustres das que se celebran senllas efemérides neste 2022: Os 25 anos do pasamento do poeta da Lóuzara xabreira, Fiz Vergara Vilariño, e a viaxe contada hai 60 anos xustos do escritor e periodista mindoniense, Álvaro Cunqueiro, pola rota que vai do Cebreiro a Compostela.

ÚLTIMAS

Presentada a programación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón

A presentación da XXXI Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, que tivo...

15.000€ para a limpeza e roza da contorna do conxunto monumental de San Vicente do Pino

O concello de Monforte vén de contratar os traballos de desbroce na contorna do...

Medio milleiro de persoas camiñaron contra o cancro polas ribeiras de Chantada

Con saída e chegada na adega Condado de Sequeiras, cuxo apoio resulta esencial para...

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...