HomeTerra de LemosA Pobra do BrollónO lume de Saa, na Pobra do Brollón, avanza cara concellos veciños

O lume de Saa, na Pobra do Brollón, avanza cara concellos veciños

O lume "non afectou a ningún núcleo de poboación e non hai que lamentar danos persoais" e nestes momentos "avanza cara Samos e O Incio", dinos o Alcalde Xosé Lois Maceda.

Publicado o

- Advertisement -

A treboada eléctrica de onte provocou varios lumes no Concello da Pobra do Brollón –Couso, San Vitorio…– sendo o máis importante o rexistrado na na parroquia de Saa. Este incendio brigou nas últimas horas a evacuar de maneira preventiva a un grupo de 40 mozos que estaban de campamento na aldea do Busto.

Segundo o Alcalde, Xosé Lois Maceda, este grupo de ‘scouts’ foi trasladado ao pavillón municipal onde pasarán a noite. “Están ben e por sorte quedou nun susto para eles”, dixo.

O lume chegou preto das casas no Busto. Foto: Amadeo Soria
Outra perspectiva do lume. Foto: Amadeo Soria

No que respecta ao impacto do lume no seu paso por este concello, Xosé Lois explica que o dano económico e medioambiental é grande, non podendo loxicamente aínda avaliar ao detalle as perdas. “Non afectou a ningún núcleo de poboación e non hai que lamentar danos persoais, que é o máis importante nestes casos”, engadiu. No caso da aldea do Busto, as lapas chegaron preto pero non afectou ás casas desaloxándose preventivamente como se comentou.

Agora, segundo indicou tamén o rexedor, o lume avanza cara Samos e O Incio e semella “imposible de controlar”.

Consultada información de ‘Incendios de Galicia’ a superficie provisional afectada polo lume de Saa, na Pobra do Brollón, é de 500 hectáreas.

FEIRA GUÍMARA

Este sábado 16 terá lugar a Feira Guímara no concello e, aínda que están sendo días duros para o concello, o evento realizarase. “Os Guímaros somos resilientes”, di Xosé Lois, e mañá será outro día.

Así mesmo, convida á xente a achegarse á Pobra do Brollón e que veña sen medo algún polo que poidan pensar do lume e as noticias destas últimas horas.

ÚLTIMAS

O humorista Alberte Montes presenta “Patrón” este 27 de decembro na Casa da Cultura de Monforte

Patrón é un espectáculo moi especial. Unha homenaxe a esa figura icónica da cultura...

O pleno do CRDO quere reducir rendementos en viña e limitar novas plantacións

O pleno decidiu por unha banda solicitar unha modificación de prego de condicións en...

Xa se poden pedir permisos de queimas dende o móbil

Os usuarios e usuarias da aplicación móbil XuntaEu que seleccionen o botón “Contacta coa...

Javier Arias e o piloto Eduardo Iglesias entregan agasallos de Nadal aos nenos e nenas ingresados no HULA

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o piloto Eduardo Iglesias...