HomesociedadeFeminino rural, evolución chega a Láncara

Feminino rural, evolución chega a Láncara

A Asociación de Empresarias de Lugo (AELU) leva a cabo esta iniciativa que ofrece de balde formación, acompañamento e asesoramento personalizado a mulleres empresarias e emprendedoras do rural da provincia para mellorar ou lanzar os seus negocios.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, presentou este mércores  na Casa do Concello de Láncara o programa Feminino rural. Evolución, financiado integramente pola institución provincial cunha achega de 40.000€.

“A Deputación aposta pola creación de emprego, especialmente aquel que afecta aos mozos e mozas da provincia e ás mulleres, como un factor imprescindible para dinamizar a actividade económica e contribuir a fixar poboación no territorio”, sinalou Rivera Capón.

No evento tamén participaron o Alcalde lancarés, Darío Piñeiro López, e a técnica do proxecto, Úrsula Pérez. Esta primeira fase de presentación, que xa se levou a cabo na Mariña, na Terra Chá, na Montaña, na comarca de Lugo e na Ribeira Sacra, rematará mañá venres na comarca da Ulloa, un acto que se levará a cabo no Pazo de Vilane.

“Espero que as mulleres que participen poidan sacarlle o máximo partido a esta iniciativa. Dende logo, ese é o obxectivo co que a impulsamos dende a Deputación de Lugo, porque iso beneficiará ás propias emprendedoras, os seus negocios e proxectos, e, ó mesmo, tempo, será positivo para o emprego e para a economía”, asegurou o Deputado.

Xa rematada esta primeira toma de contacto entre ambas partes, cada comarca contará con 25 prazas co obxectivo de crear sinerxías entre os establecementos de cada zona, fomentando o intercambio de coñecementos e de experiencias entre empresarias e emprendedoras. Despois, haberá unha segunda fase onde participe unha selección de cinco empresarias e emprendedoras por comarca que sairán das reunións de traballo. 35 persoas recibirán, en total unha formación e un asesoramento personalizados, que irán dirixidos a mellorar o funcionamento, gañar competitividade e abrir novos mercados no caso das empresarias que teñan os negocios en marcha, e para constituír e arrancar a empresa no caso das emprendedoras participantes.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...