HomeEconomíaA 1ª fase da autovía Nadela-Sarria estará lista para outubro

A 1ª fase da autovía Nadela-Sarria estará lista para outubro

Así o avanzou este venres 29 de xullo a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras supervisar as obras da primeira fase --executada ao 75%-- e anunciar a adxudicación da redacción do proxecto construtivo que completará a autovía Nadela-Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ethel Vázquez Mourelle, conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, supervisou as obras da primeira fase a autovía que unirá Nadela con Sarria, e que ten como obxectivo de futuro chegar a Monforte, tras converter a vía r´´apida en autovía na súa totalidade. O avance das obras nesta 1ª fase do tramo Nadela-Sarria permitirá, segundo Vázquez, que a Xunta abra en outubro ao tráfico o tramo desta infraestrutura que “reforzará a seguridade viaria, a calidade de vida e a competitividade de Lugo, tras un investimento de 25 M€”.

A intervención actúa concretamente nos 11,5 quilómetros que conectan A Pobra de San Xiao con Sarria centro, o treito que rexistra maior intensidade de tráfico. As obras supoñen a adaptación dos tres enlaces do treito, A Pobra, Sarria norte e Sarria centro, e a ampliación dos seis pasos inferiores; así como a instalación dun valado reforzado para evitar o acceso de fauna salvaxe.

A conselleira destacou o grande investimento realizado e a puntual marcha das obras malia estar en tempos de pandemia e sufrir a crise de prezos e de abastecemento de materiais, e agradeceu o esforzo dos 50 traballadores que se atopan agora avanzando nestas obras, co emprego de 30 máquinas pesadas sobre o terreo, ademais de pequena maquinaria.

Actualmente, os labores están centrados na extensión das diferentes capas de firme, tendo xa estendido o 75% da primeira delas, correspondente co solo cemento e estando previsto continuar coas seguintes durante os meses de agosto e de setembro.

2ª FASE DO TRAMO NADELA-SARRIA

A conselleira, ademais de corroborar a posta en marcha en outubro da 1ª fase da autovía, adiantou que a Xunta vén de adxudicar a redacción do proxecto do treito que completará a infraestrutura ata Nadela.

Sinalou que en agosto formalizarase o contrato e comezará a redacción do proxecto de trazado, do estudo de impacto ambiental e do proxecto construtivo para a construción da segunda fase da autovía, ao longo de 13,5 quilómetros, entre A Pobra de San Xiao e a conexión coa A-6 en Nadela.

Este traballo, adxudicado por case 270.000 €, ponse en marcha para poder dispoñer xa a mediados de 2023 dun proxecto de trazado para someter a información pública.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...