HomePolíticaMonforte, a cidade por excelencia para ser nó de mercadorías

Monforte, a cidade por excelencia para ser nó de mercadorías

Recentemente, a Confederación de Empresarios de Ourense manifestou que a súa cidade debía ser o nó de entrada de mercancías en Galicia e non Monforte como se leva anos pedindo. Unhas declaracións que reavivaron todas as voces defensoras da inclusión da Cidade do Cabe no trazado do Eixo Atlántico

Publicado o

- Advertisement -

A Plataforma Lugo….non perdas o tren e a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo están totalmente disconformes cas últimas declaracións por parte da Confederación de Empresarios de Ourense. Segundo os ourensáns, a súa capital deberá de ser o punto de referencia ou o centro do transporte de mercadorías en Galicia.

O pasado mes de maio, o presidente do Eixo Atlántico, Alfredo García, mantivo unha reunión co coordinador europeo da rede transeuropea de transportes, Carlo Secchi, na cal se defendeu a inclusión de Monforte e o seu Porto Seco como puntos de referencia para o transporte de mercancías en Galicia.

Segundo a Plataforma Lugo…non perdas o tren, a Confederación de Empresarios de Ourense é “un ente descabezado e que navega á deriva cun alto grado de descoñecemento en canto a infraestruturas ferroviarias” e que cas súas declaracións “buscan chamar a atención ante as próximas eleccións municipais”.

De todos é coñecida a postura de Eixo Atlántico, da Confederación de empresarios de Lugo e do alcalde de Monforte, José Tomé Roca,  con respecto á posición natural da cidade e que ademais ten un porto seco pendente de infraestruturas por tal motivo. Se finalmente a Cidade do Cabe é o centro do transporte de mercancías de Galicia, xerará riqueza na provincia. Ademais, tamén salientan que no caso hipotético dunhas novas liñas de conexión de Ourense con Palencia, as vías de transporte necesarias “son incompatibles co AVE que si chegará a Ourense”.

Por todo isto, dende a Plataforma Lugo…non perdas o tren e a Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo piden ao goberno central a través do Ministerio de Fomento, de ADIF e da  Consellería de Infraestruturas de Galicia, se posicionen de inmediato no asunto, ó igual que todos os grupos políticos. En caso de non facelo, dende ambas organizacións, porán en marcha máis de 35 asociacións de veciños do sur lucense e 250 do resto da provincia para exercer toda a presión posible na que se inclúen manifestacións nas rúas de Monforte e Lugo ademais de levar o tema  a todos os concellos lucenses.

PP MONFORTE

O partido político monfortino defende a condición de Monforte como nó loxístico na rede transeuropea de transporte de mercancías.

Segundo manifesta Julia Rodríguez, “Monforte ten unha estación con 14 liñas e capacidade para atender as necesidades que require ser nó loxístico ademais de ter un Porto Seco”.

 

ÚLTIMAS

Arrinque exitoso de inscricións no Quiroga Trail Challenge 2026

O pasado 13 de outubro abríronse as inscricións para unha nova edición do Quiroga...

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...