HomesociedadeFolgoso do Courel en "shock" polo incendio e seguen as altas temperaturas

Folgoso do Courel en “shock” polo incendio e seguen as altas temperaturas

O Concello de Folgoso do Courel remite nesta semana á Xunta "todos os informes" sobre as vivendas destruídas --ao redor dunha quincena-- polo gran incendio do Courel, extinguido o xoves da pasada semana e que levou por diante 11.100 hectáreas "oficialmente".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A alcaldesa, Lola Castro, acredita que no municipio seguen en “shock” polo ocorrido, e máis cando “se di que é o maior incendio de Galicia”. “Iso dá moitísima tristeza”, sinala. “Imos recuperando as forzas. Estamos a organizar todo e esperando polos informes técnicos. Empezamos xa coas ordes para axudar a todo o mundo a habilitar as subvencións ás que teñan dereito, as da Xunta neste caso”, que se poden pedir ata novembro, subliña.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...